InicioSociedadeProfesionais da xustiza protestan en Vigo contra o “caos” da nova lei...

Profesionais da xustiza protestan en Vigo contra o “caos” da nova lei de eficiencia

Alternativas na Xustiza denuncia unha “sobrecarga de traballo inasumible” e reclama máis medios persoais e materiais para evitar o colapso das oficinas xudiciais.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Decenas de persoas protestaron este martes en Vigo pola “situación crítica” que vive a xustiza ante o “fracaso” na implantación da “mal chamada lei de eficiencia administrativa”. Convocados por Alternativas na Xustiza, profesionais do sector concentráronse ante a Cidade da Xustiza da cidade olívica tras unha pancarta que rezaba ‘Sen xustiza non hai dereitos. Defendámola’, reivindicando a necesidade de máis medios persoais e materiais.

“Non hai eficiencia sen un aumento real do persoal”, subliñaron nun manifesto, criticando a “sobrecarga de traballo inasumible” que viven cada día tras a chegada da nova lei. A pesar de recoñecer que esta nova lexislación xa “non se pode parar”, marcáronse como obxectivo conseguir máis medios para poder sacar o traballo adiante, ante unha situación de “caos” que sofren.

Por iso, solicitaron unha mesa sectorial para negociar coas administracións pertinentes a forma de reverter este problema, xa que, ao seu xuízo, están a aforrar soldos, “permitindo que as oficinas xudiciais colapsen”. “Aforro á conta da saúde laboral”, insistiron, asegurando que o Ministerio e as comunidades con competencias manteñen desde hai meses sen cubrir prazas vacantes que teñen que asumir o resto de compañeiros.

ÚLTIMAS

Vox leva ao xulgado os incidentes nunha mesa informativa en Cangas e estuda accións polo acto frustrado de Santiago

Vox presentou este martes unha denuncia ante a sección de instrución do Xulgado de...

Balaídos terá unha ‘Tribuna Iago Aspas’: Caballero anuncia que levará o nome do xogador e terá unha estatua ao seu carón

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que a bancada de Tribuna do estadio...

Vigo pon en marcha o Nadal: comeza a montaxe dos grandes elementos con case 13 millóns de luces

O Concello de Vigo iniciou este martes a montaxe dos grandes elementos do seu...

Sete meses de prisión por tocarlle o cú a unha menor e agredir a un policía en Vigo

Un home aceptou sete meses e medio de prisión por lle tocar a unha...