InicioSociedadeRenfe reforza a conexión entre Vigo e Ponferrada con dous trens diarios...

Renfe reforza a conexión entre Vigo e Ponferrada con dous trens diarios por sentido desde o 7 de abril

A operadora incorpora unha segunda frecuencia de Rexional en cada sentido entre Vigo Guixar e Ponferrada, con saídas pola mañá e pola tarde e billetes xa dispoñibles nas súas canles habituais.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Renfe mellorará a comunicación ferroviaria entre Vigo e Ponferrada coa posta en marcha dunha segunda frecuencia diaria de Rexional por sentido a partir do vindeiro 7 de abril, unha novidade coa que os viaxeiros pasarán a contar con alternativas de desprazamento tanto pola mañá como pola tarde. Segundo informou a compañía, desde Vigo Guixar esta segunda frecuencia sairá ás 8.30 horas e chegará a Ponferrada ás 14.00 horas. En sentido contrario, o tren partirá da cidade berciana ás 16.05 horas e terá chegada á cidade olívica ás 21.33 horas.

Con estes novos horarios, Renfe subliña que os usuarios disporán de máis opcións de viaxe ao longo do día, reforzando así unha conexión ferroviaria que gaña flexibilidade cun servizo de mañá e outro de tarde en cada sentido. Os billetes e a información sobre os horarios das paradas intermedias xa están dispoñibles nas canles habituais da operadora, incluídos os despachos de billetes, as máquinas de autovenda, a app de Renfe, o teléfono de atención ao cliente e a páxina web da compañía.

ÚLTIMAS

A Xunta outorga ao Concello de Vigo unha concesión de ocupación para a recuperación ambiental da praia de Ou Vao

A Xunta outorgou ao Concello de Vigo unha concesión para ocupar 20.978,11 metros cadrados...

Piden case 7 anos de cárcere para unha muller acusada de encerrar e maltratar o fillo adolescente da súa parella en Vigo

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra acollerá o mércores unha vista preliminar...

O BNG de Vigo propón subir ata un 150 % o IBI para grandes propietarios con vivendas baleiras

O BNG de Vigo propoñerá duplicar o recargo do imposto sobre bens inmobles (IBI)...

Afectados polo PIA do Ofimático de Vigo piden á Xunta que paralice a “trampa” das expropiacións

Afectados o Proxecto de Interese Autonómico (PIA) do Ofimático e Santa Cristina de Vigo...