InicioSociedadeO Sergas abre un procedemento de control sobre Povisa tras denuncias por...

O Sergas abre un procedemento de control sobre Povisa tras denuncias por falta de médicos

Sanidade investiga se o hospital privado de Vigo cumpre o contrato en vigor, que obriga a garantir persoal suficiente e unha atención asistencial axeitada.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Servizo Galego de Saúde (Sergas) iniciou un procedemento interno de control para verificar a situación do hospital privado Ribera Povisa de Vigo tras denuncias coñecidas nos últimos meses por falta de médicos. Fontes do Sergas confirmaron a Europa Press que se investiga o ocorrido para, no seu caso, adoptar as medidas oportunas que sexan necesarias.

As mesmas fontes explicaron que foi en abril do ano pasado cando se iniciou a execución do novo contrato de servizos co hospital vigués. Nos pregos do mesmo establécese a obriga de dispor do persoal necesario e adecuado para a execución do contrato, nos termos recolleitos e legalmente establecidos e coa máxima calidade esixible, subliña o departamento sanitario da Xunta.

Particularmente, tamén se esixe a cobertura dos medios persoais de forma que a execución do contrato e a axeitada resposta desde o punto de vista asistencial queden sempre garantidas. “Ademais, considérase unha condición especial de execución do contrato dispor en todo momento dos recursos persoais necesarios para garantir a correcta asistencia“, insistiu o Sergas.

Para o seguimento destas obrigas, Sanidade lembra que se creou unha Unidade de Supervisión e Control, incluíndo tamén os pregos da licitación obxectivos de xestión sanitaria de “obrigado cumprimento”. Por iso, agora iniciouse este procedemento interno tras coñecerse supostos casos de falta de médicos.

ÚLTIMAS

A Audiencia de Pontevedra condena a tres anos e medio de cárcere a unha muller por tráfico de cocaína

A Audiencia Provincial de Pontevedra condena a tres anos e medio de prisión a...

Falece Susi Seoane, referente galega na loita contra a ELA, aos 55 anos

Galicia enteira chora a morte de Susi Seoane Lema, viguesa de 55 anos e...

Stellantis Vigo amplía a súa parada de produción pola falta de pezas debido ao temporal

A factoría viguesa do grupo automobilístico Stellantis ampliou a súa parada de produción pola...

Vigo aproba este venres a ordenanza das VUT e unha nova ordenanza reguladora de licenzas

A Xunta de Goberno Local de Vigo aprobará este venres a ordenanza para a...