InicioSociedadeA UVigo desenvolve un novo tratamento para frear a artrose e rexenerar...

A UVigo desenvolve un novo tratamento para frear a artrose e rexenerar a articulación

Investigadores do Cinbio desenvolven péptidos inxectables que non só alivian a dor, senón que deteñen a progresión da enfermidade e estimulan a rexeneración do tecido articular, nun proxecto xa patentado e financiado con máis de 380.000 euros pola Xunta.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Investigadores do Centro de Investigación en Nanomateriais e Biomedicina da Universidade de Vigo (Cinbio) iniciaron un proxecto “prometedor” para o tratamento da artrose con fármacos que permiten frear a progresión da enfermidade e favorecer a rexeneración. En concreto, o grupo de investigación Cellcom, que leva anos traballando na procura e proba de novas terapias para o tratamento de enfermidades dexenerativas asociadas ao envellecemento, comezou este mes unha iniciativa para desenvolver unha nova aproximación terapéutica para o tratamento da artrose “que vai máis aló do alivio temporal da dor“.

Liderado pola investigadora María Dolores Mayán, o proxecto denomínase Péptidos senoterapéuticos para o tratamento da artrose e conta cunha axuda de máis de 380.000 euros do programa autonómico Ignicia. “A innovación baséase no uso de péptidos terapéuticos deseñados para frear activamente a progresión da enfermidade e favorecer a rexeneración do tecido articular”, explicou a responsable do proxecto, segundo recolle o Diario da Universidade de Vigo (DUVI).

Segundo indica, os resultados preclínicos obtidos demostran que a administración local mediante inxección intraarticular deste tratamento é eficaz para deter o avance da enfermidade e estimular a rexeneración do tecido, mellorando a función articular e a mobilidade sen dor. Esta tecnoloxía, xa protexida mediante patente internacional, ofrece unha intervención farmacolóxica “altamente específica, segura e potencialmente personalizada”. “Os fármacos baseados en péptidos caracterízanse por unha boa tolerancia, baixa toxicidade e mínimos efectos secundarios, ademais de permitir un deseño adaptado a tratamentos localizados e de liberación controlada”, engadiron.

ÚLTIMAS

Rueda reúnese cos responsables de Conxemar para impulsar o sector da pesca transformada en Galicia

O presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, celebrou esta semana un encontro na...

O Celta de Vigo entrega á Deputación de Ourense material contra incendios recadado nunha xornada solidaria

O Real Club Celta de Vigo fixo entrega este domingo á Deputación de Ourense...

Xulgan en Vigo unha muller acusada de estafar 6.800 euros cun falso aviso dun “fillo en apuros”

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, celebrará o...