InicioSociedadeViaxar de Vigo a Canarias desde 90 euros: Binter lanza unha promoción...

Viaxar de Vigo a Canarias desde 90 euros: Binter lanza unha promoción ata o 19 de xaneiro

Inclúe conexións gratuítas entre illas e permite visitar dúas no mesmo viaxe co servizo ‘stopover’.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A compañía Binter puxo á venda billetes desde 90 euros para viaxar entre Vigo e Canarias en viaxes programadas entre o 1 de marzo e o 30 de xuño de 2026. As pasaxes en promoción poderán adquirirse ata o próximo 19 de xaneiro. A aeroliña ofrece conexións diarias entre Vigo e o arquipélago a través dos aeroportos de Gran Canaria ou Tenerife Norte. Concretamente, opera voos con Gran Canaria os martes, mércores, xoves, venres e domingos; mentres que con Tenerife, desde o pasado mes de decembro, faino a diario.

Tal como trasladou, nesta ruta unha das súas “características diferenciais” permite aos pasaxeiros chegar polo mesmo prezo a calquera das illas canarias ao ofrecer “gratuitamente” os voos interinsulares en conexión. Ademais, pon a disposición dos seus clientes produtos de ‘stopover‘, servizo que permite visitar dúas illas nunha mesma viaxe por un “custo extra mínimo” sobre a tarifa habitual.

ÚLTIMAS

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...

“Estamos desesperados”, veciños de Privada Moderna esixen á Sareb que “cumpra a sentenza” e arranxe os seus pisos

Veciños da rúa Privada Moderna de Vigo esixíronlle á Sociedade de Xestión de Activos...

Sr. Feijóo, o “cancro” é unha enfermidade, non un modelo de absentismo laboral. Quen coida de quen coida?

Por Pedro de Castro (Vigo - 1978)  Hai persoas que enferman sen estar nunha...

Un xulgado de Vigo falla contra a Sareb e permite a un veciño de Privada Moderna quedar no seu piso

A praza 7 da Sección Civil do Tribunal de Instancia de Vigo fallou en...