InicioSociedadeA UVigo aproba un orzamento "marca" para 2026 con 251,1 millóns

A UVigo aproba un orzamento “marca” para 2026 con 251,1 millóns

O orzamento da UVigo recolle que case o 65 % dos ingresos da entidade, con preto de 163 millóns de euros, proceden do capítulo de subvencións correntes. Deste total, case 148 millóns son achegados pola Xunta.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O consello de goberno da Universidade de Vigo (UVigo) aprobou este luns o orzamento da entidade para 2026, que contará cunha cifra “marca” de 251,1 millóns de euros. Segundo recolle o Diario da Universidade (DUVI), as contas foron aprobadas con 33 votos a favor, seis en contra e seis abstencións e supón un incremento de algo máis de 2,7 millóns respecto ao de 2025, un 1,1 % máis.

A ‘luz verde’ aos orzamentos foi o punto máis destacado da orde do día do último consello de goberno do ano, pero aínda falta que sexa aprobado polo consello social da UVigo o 29 de decembro, sendo o último trámite antes da súa validación definitiva. O orzamento da UVigo recolle que case o 65 % dos ingresos da entidade, con preto de 163 millóns de euros, proceden do capítulo de subvencións correntes. Deste total, case 148 millóns son achegados pola Xunta.

En cando aos gastos, o de persoal representa máis dun 59 %, con preto de 148,5 millóns, mentres que se destinarán máis de 59 millóns ao capítulo de investimentos reais, que inclúe proxectos de investigación, equipamentos, investimentos en infraestruturas informáticas, equipamentos e demais. O consello de goberno tamén aprobou este luns o seu teito de gasto, “axustado á regra e que garante o reforzo da prestación do servizo público”.

ÚLTIMAS

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...

“Estamos desesperados”, veciños de Privada Moderna esixen á Sareb que “cumpra a sentenza” e arranxe os seus pisos

Veciños da rúa Privada Moderna de Vigo esixíronlle á Sociedade de Xestión de Activos...

Sr. Feijóo, o “cancro” é unha enfermidade, non un modelo de absentismo laboral. Quen coida de quen coida?

Por Pedro de Castro (Vigo - 1978)  Hai persoas que enferman sen estar nunha...

Un xulgado de Vigo falla contra a Sareb e permite a un veciño de Privada Moderna quedar no seu piso

A praza 7 da Sección Civil do Tribunal de Instancia de Vigo fallou en...