InicioSociedadeAno e medio de cárcere por estafar máis de 2.000 euros con...

Ano e medio de cárcere por estafar máis de 2.000 euros con falsos alugueres en Vigo: o TSXG confirma a pena

O TSXG confirma a condena a un home que cobrou reservas, seguros e fianzas por pisos inexistentes a dúas vítimas.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a pena de ano e medio de cárcere imposto pola sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, para un home por estafar a dúas persoas con falsos alugueres de pisos na cidade olívica. En concreto, a Sala do Civil e Penal do TSXG desestimou o recurso de apelación presentado polo home, tras ser condenado por un delito continuado de estafa agravada a 18 meses de prisión e unha multa de 1.260 euros, ademais de máis de 2.000 euros de indemnización ás vítimas.

Considérase probado que o procesado contactou cunha muller en febreiro de 2024, sabendo que ela estaba a buscar unha vivenda en Vigo, e ofreceulle o aluguer dun piso por 600 euros mensuais. A vítima aceptou e ingresoulle 600 euros en concepto de reserva, xa que a vivenda estaba a ser supostamente reformada e non podería ocupala ata o mes seguinte.

Cando chegou o momento, o acusado puxo escusas para que a muller non puidese acceder ao piso e pediulle outros 600 euros co pretexto de que tiña que inscribir a vivenda nun rexistro de alugueres da Xunta. Pouco despois solicitoulle outros 220 euros para un seguro de aluguer, pero a vítima nunca puido acceder ao piso nin recuperou o diñeiro. Ademais, o home estafou tamén a outra persoa, que lle ingresou ata 700 euros.

ÚLTIMAS

Abel Caballero inaugura a conta atrás ata o 25 de decembro: “O Nadal de todo o planeta é a de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este sábado un reloxo dixital cunha conta...

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...

“Estamos desesperados”, veciños de Privada Moderna esixen á Sareb que “cumpra a sentenza” e arranxe os seus pisos

Veciños da rúa Privada Moderna de Vigo esixíronlle á Sociedade de Xestión de Activos...

Sr. Feijóo, o “cancro” é unha enfermidade, non un modelo de absentismo laboral. Quen coida de quen coida?

Por Pedro de Castro (Vigo - 1978)  Hai persoas que enferman sen estar nunha...