InicioSociedadeDetectan un novo foco de gripe aviaria en Vigo: xa son 15...

Detectan un novo foco de gripe aviaria en Vigo: xa son 15 os casos en aves silvestres en Galicia este ano

A afectada é unha gaivota patiamarela e, malia o aumento de focos, non hai ningún caso en aves de curral na comunidade.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Consellería do Medio Rural comunicou ao Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación (MAPA) a detección dun exemplar de ave silvestre afectado por gripe aviaria en Vigo, resultado confirmado polo Laboratorio Central de Veterinaria de Algete (Madrid). Tal e como trasladou a Xunta nunha nota de prensa, trátase dunha gaivota patiamarela atopada no municipio de Vigo e que foi trasladada ao Centro de Recuperación de Fauna Silvestre da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático de Cerdedo-Cotobade, na provincia de Pontevedra.

A ave foi mostrexada para proceder á análise laboratorial, eliminándose o cadáver conforme á normativa en vigor. Con este novo foco, son 15 os notificados en aves silvestres confirmados na comunidade en 2025, pero cómpre destacar que, por agora, non se rexistrou ningún caso en aves de curral en Galicia. Con respecto á situación en España, no actual período de vixilancia anual, o número de focos en aves silvestres notificados por España ascende a 121, un “número elevado comparado cos datos de anos anteriores”.

A situación en Europa tamén reflicte un incremento “considerable” no número de focos nas últimas semanas. Esta situación epidemiolóxica é a principal razón, xunto coa migración estacional das aves silvestres e o descenso das temperaturas nesta época do ano, que motivou a adopción das medidas preventivas por parte do Ministerio aplicables en todo o territorio español desde o 12 de novembro.

ÚLTIMAS

Vigo e o turismo invisible

​Sempre que se analiza o éxito turístico de Vigo, os titulares repiten os mesmos...

O TSXG confirma catro anos de cárcere para un home por agredir sexualmente á neta da súa parella

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a pena de catro anos...

Abel Caballero pide ao Ministerio que Vigo sexa sede do Mundial 2030 tras a saída de Málaga

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, reuniuse este luns coa ministra de Educación, Formación...

Abel Caballero destaca o “moi bo comportamento” do turismo en Vigo durante febreiro

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, reivindicou a "moi boa ocupación hoteleira" da cidade...