InicioSociedadeCaballero estala contra o acordo de Medicina: "É un mal pacto para...

Caballero estala contra o acordo de Medicina: “É un mal pacto para Vigo e a Xunta forzou aos reitores”

O alcalde acusa a Rueda de "primar os privilexios de Santiago" e reclama de novo unha facultade de Medicina propia para a cidade: "Vigo é a única gran urbe sen ela e temos dereito a tela".

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, considera unha “mala noticia” o acordo alcanzado entre as tres universidades galegas para descentralizar os estudos de Medicina e acusou á Xunta de “forzar” aos reitores para chegar a este pacto. Nun audio enviado aos medios de comunicación, o rexedor asegurou que o Goberno galego “non quere que Vigo teña facultade de Medicina”, culpando ao presidente autonómico, Alfonso Rueda, de “primar os privilexios de Santiago”.

“É un mal acordo para a cidade. Vigo é a máis importante cidade de España sen facultade de Medicina. Temos dereito a tela”, volveu a dicir, preguntándose cal é a razón de que non se poña en marcha. Caballero lamentou que “profesores da Universidade de Santiago veñan dar clase a Vigo” a pesar de que Vigo xa dispón de universidade propia, reclamando de novo a titulación para a UVigo.

ÚLTIMAS

Vigo e o turismo invisible

​Sempre que se analiza o éxito turístico de Vigo, os titulares repiten os mesmos...

O TSXG confirma catro anos de cárcere para un home por agredir sexualmente á neta da súa parella

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a pena de catro anos...

Abel Caballero pide ao Ministerio que Vigo sexa sede do Mundial 2030 tras a saída de Málaga

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, reuniuse este luns coa ministra de Educación, Formación...

Abel Caballero destaca o “moi bo comportamento” do turismo en Vigo durante febreiro

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, reivindicou a "moi boa ocupación hoteleira" da cidade...