InicioSociedadeO TS condena a Audasa a abonar as peaxes cobradas aos coches...

O TS condena a Audasa a abonar as peaxes cobradas aos coches sinestrados durante as obras na ponte de Rande

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Tribunal Supremo condenou a Audasa, concesionaria da autoestrada AP-9, a abonar parte das peaxes cobradas durante as obras de ampliación da ponte de Rande, que levaron a cabo entre febreiro de 2015 e xuño de 2018. O Alto Tribunal recolle na súa sentenza, que estima o Recurso de Casación interposto polo Ministerio Fiscal contra a sentenza da Audiencia Provincial de Pontevedra, que Audasa incorreu nunha “práctica abusiva” ao cobrar na súa totalidade a peaxe aos usuarios da vía, aínda que non podían ofrecer o servizo “coas condicións que se supoñen a unha autoestrada ao que obriga automaticamente o pago das súas peaxes”.

“A concesionaria da autoestrada cobra integramente a peaxe, a pesar da realización de obras que entorpecen unha circulación fluída, constitúe unha práctica non consentida expresamente”, destacan no fallo. Consideran que houbo falta de información por parte da concesionaria e recoñecen que os usuarios do viario “non consentiron a práctica de cobrarlles integramente a peaxe a pesar da defectuosa prestación do servizo porque non tiveron a facultade de decidir, ao non dispor da información pertinente sobre a incidencia do tráfico”.

Ante esta situación, e ao considerar probado a “falta de reciprocidade” e “desequilibrio” que se produce entre os dereitos e obrigacións de concesionaria e usuarios, o Supremo falla que Audasa deberá devolver as peaxes aos condutores implicados nos 81 incidentes de tráfico probados durante o desenvolvemento das obras. Os afectados deberán acreditar esta condición documentalmente — concretamente, que son consumidores da vía, que circularon por ela nas datas establecidas e as cantidades abonadas polas peaxes –.

ÚLTIMAS

Abel Caballero inaugura a conta atrás ata o 25 de decembro: “O Nadal de todo o planeta é a de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este sábado un reloxo dixital cunha conta...

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...

“Estamos desesperados”, veciños de Privada Moderna esixen á Sareb que “cumpra a sentenza” e arranxe os seus pisos

Veciños da rúa Privada Moderna de Vigo esixíronlle á Sociedade de Xestión de Activos...

Sr. Feijóo, o “cancro” é unha enfermidade, non un modelo de absentismo laboral. Quen coida de quen coida?

Por Pedro de Castro (Vigo - 1978)  Hai persoas que enferman sen estar nunha...