InicioSociedadeO CSIC suma ao equipo un novo científico en Vigo

O CSIC suma ao equipo un novo científico en Vigo

Trátase de Camilo Saavedra Penas.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) en Galicia incrementa o seu persoal na Escala de Persoal Científico Titular de Organismos Públicos de Investigación coa incorporación de tres persoas polo sistema de promoción interna en Santiago e Vigo: Elena Corredoira Castro, David Barreiro Martínez e Camilo Saavedra Penas. A adxudicación de destino, xa publicada no Boletín Oficial do Estado (BOE), e a correspondente toma de posesión foi na Misión Biolóxica de Galicia (MBG, sede Santiago de Compostela), o Instituto de Ciencias do Patrimonio (Incipit, Santiago de Compostela) e o Centro Oceanográfico de Vigo (COV) do Instituto Español de Oceanografía (IEO).

Elena Corredoira Castro é licenciada (1995) e doutora (2002) en Ciencias Biolóxicas pola Universidade de Santiago de Compostela. Desde 1997 está vinculada á actual sede da MBG en Santiago. Desde 2004 é funcionaria de carreira. Neste tempo desenvolveu un labor científico-técnica no grupo de Biotecnoloxía e Mellora Forestal, centrándose fundamentalmente na mellora, desenvolvemento e conservación das especies forestais predominantes nos principais sistemas agroforestais da península Ibérica mediante a aplicación de ferramentas biotecnolóxicas baseadas no cultivo in vitro de tecidos vexetais. Desde 2020, é a responsable da Unidade Técnica de Biotecnoloxía e Mellora Forestal do MBG, cuxa labor se centra na aplicación destas ferramentas biotecnolóxicas avanzadas para mellorar, propagar e conservar especies forestais clave das dehesas –a aciñeira e o alcornoque–, así como de especies autóctonas galegas como o castiñeiro.

David Barreiro Martínez é licenciado en Xeografía e Historia coas especialidades de Prehistoria e Arqueoloxía (1994) e Xeografía Aplicada (1997) e doutor (2005) en Historia pola Universidade de Santiago de Compostela. Está vinculado ao Incipit desde a creación do instituto, en 2010, tras pertencer ao Laboratorio de Patrimonio do IEGPS. Desde 2006 é funcionario de carreira. Desenvolveu o seu labor na xestión do patrimonio arqueolóxico, con investigacións encamiñadas ao deseño de ferramentas metodolóxicas para a avaliación de impacto. Posteriormente, ampliou o seu traballo á xestión do patrimonio cultural en xeral, incluíndo o estudo dos procesos de valorización e socialización do patrimonio e as paisaxes culturais. Actualmente, a principal actividade de Barreiro combina a investigación en valorización do patrimonio cultural coa coordinación da Unidade de Valorización do Incipit. Os seus intereses de investigación relaciónanse cos modos de acceso, produción, xestión, valorización e uso do patrimonio cultural.

Camilo Saavedra Penas é licenciado (2009) en Bioloxía Mariña e doutor (2017) en Ciencias Mariñas, Tecnoloxía e Xestión polo Campus Do Mar-Universidade de Vigo. Máster en Economía, Avaliación e Xestión dos Recursos Mariños e Pesqueiros (2011) e Experto Universitario en Métodos Avanzados de Estatística Aplicada (2013). Desde o 2012 está vinculado ao IEO. Desde 2020 é funcionario de carreira e dirixe o Equipo de Mamíferos Mariños do IEO-CSIC desde COV e desenvolve o seu labor no grupo de investigación de Megafauna Mariña (MegaMAR). É responsable da monitorización e avaliación dos mamíferos mariños a nivel nacional para o cumprimento do Directiva Marco sobre a Estratexia Mariña por encargo do Miteco, representante nacional en diversos foros internacionais e coordinador do grupo nacional de especialistas de mamíferos mariños da IUCN, así como asesor do Ministerio na Comisión Baleeira Internacional. Desenvolve a súa liña de investigación acerca dos estudos de abundancia de cetáceos, captura accidental e estudos de bioloxía poboacional e ecoloxía molecular, mediante a recollida e análise de mostras de animais varados, capturados ou en liberdade.

ÚLTIMAS

A Policía de Vigo mantén abertas todas as liñas de investigación polo incendio dun edificio en Cesáreo González

A Policía Nacional de Vigo investiga "con todas as liñas abertas" o incendio ocorrido...

Abel Caballero esixe desculpas a Alfonso Rueda polo atraso do AVE a Porto ata 2039

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cargou contra o presidente da Xunta, Alfonso Rueda,...

25 de Abril: Unha revolución permanente

O 25 de abril de 1974 foi unha revolución decisiva en Portugal, que acabou...

Tres persoas feridas, unha delas de gravidade, nun incendio nun edificio en Vigo

Tres persoas resultaron afectadas, unha delas de gravidade, tras un incendio nun edificio situado...