InicioSociedadeRueda e Reigosa asinan un acordo de cesión de dous edificios na...

Rueda e Reigosa asinan un acordo de cesión de dous edificios na ETEA de Vigo para o futuro Campus do Mar

O presidente galego urxe a Caballero a firma do convenio para poder comezar a rehabilitación da zona e Caballero resposta que a Xunta só vai a Vigo "a levar diñeiro".

PUBLICADO O

- Advertisement -

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, e o reitor da Universidade de Vigo, Manuel Reigosa, asinaron este martes un convenio de colaboración entre ambas as entidades para a cesión de dous novos edificios por parte do Goberno autonómico ao centro académico para o futuro Campus do Mar na antiga Escola de Transmisións e Electricidade da Armada (ETEA). Estes inmobles, en concreto denominados Morse e Enfermaría, sumaranse ao Faraday, xa cedido hai anos, e ao Siemens, pendente de cesión por parte da Zona Franca.

Así, a UVigo pretende trasladar desde o CUVI ata a ETEA a Facultade de Ciencias do Mar e todo aquilo relacionado coa investigación do mundo mariño, aínda que tamén se manterán as instalacións que na actualidade están na illa de Toralla. No acto, Reigosa celebrou esta cesión, esperando que a ETEA se converta na “envexa” dos investigadores en ciencias do mar de todo o mundo, enchendo a zona de formación tanto con graos, máster e doutoramentos.

Segundo explicou, a idea é que o edificio Morse, de case 2.000 metros cadrados, sexa utilizado para docencia, xa que no seu día xa tivo ese uso. Desta maneira, a rehabilitación e adaptabilidade do mesmo será máis “sinxela”. O inmoble Enfermaría albergará despachos e administración. Neste caso, tal como explicaron, dispón duns 1.000 metros cadrados e está nun “peor” estado, xa que tivo filtracións de auga. A pesar disto, as obras nos edificios durarán case dous anos desde que comecen, segundo se estima.

Non entanto, para levalas a cabo son necesarios os permisos do Concello, que aínda non chegaron. Respecto diso, Alfonso Rueda urxiu ao goberno local a firma do convenio de colaboración entre Concello, Xunta e Zona Franca, aínda pendente de rúbrica. A pesar de que o acordo xa foi enviado hai meses ao Concello, non houbo resposta. Tras mostrar a disposición da Xunta, insistiu en que a poboación “non quere ver ás administracións pelexar”, senón colaborar.

O presidente galego destacou a importancia desta cesión para darlle unha segunda vida a estes edificios coa “mellor” das utilizacións, lembrando que tamén na zona estará a residencia de maiores que impulsará a Fundación Amancio Ortega. Esta visita non tardou en ter reacción do alcalde, Abel Caballero, que insistiu en que a Xunta “só vén a Vigo a levar diñeiro”, solicitando a doazón de “moitos máis” edificios e espazos na ETEA, asegurando que é o Concello quen “arranxa o saneamento de toda a ETEA”. Con todo, non se referiu a cando o Concello asinará o convenio.

ÚLTIMAS

Vigo e o turismo invisible

​Sempre que se analiza o éxito turístico de Vigo, os titulares repiten os mesmos...

O TSXG confirma catro anos de cárcere para un home por agredir sexualmente á neta da súa parella

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a pena de catro anos...

Abel Caballero pide ao Ministerio que Vigo sexa sede do Mundial 2030 tras a saída de Málaga

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, reuniuse este luns coa ministra de Educación, Formación...

Abel Caballero destaca o “moi bo comportamento” do turismo en Vigo durante febreiro

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, reivindicou a "moi boa ocupación hoteleira" da cidade...