InicioSociedadeA Xunta adxudica finalmente a redacción e execución do proxecto do Cinema...

A Xunta adxudica finalmente a redacción e execución do proxecto do Cinema Fraga ao arquitecto César Portela

A partir de agora, prevese que en abril se presente o proxecto, o que permitirá o inicio da licitación das obras no primeiro semestre do ano que vén.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Xunta de Galicia, en coordinación coa Deputación de Pontevedra, resolveu a tramitación por exclusividade do contrato para que sexa o arquitecto César Portela quen asuma a redacción do proxecto básico e de execución, así como a dirección de obras do Teatro Cinema Fraga de Vigo, cun orzamento dun millón de euros. Nun comunicado, o Goberno galego lembrou que este arquitecto pontevedrés é o autor e propietario intelectual do proxecto orixinal e director das actuacións xa executadas no inmoble por parte de Abanca, cando era o banco propietario do edificio.

Con esta adxudicación, o obxectivo da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude é respectar a intervención xa levada a cabo do proxecto orixinal e seguir realizando as actuacións que sexan necesarias “para converter este edificio emblemático, de 7.000 metros cadrados, nun espazo escénico, musical, audiovisual e literario de referencia no noroeste peninsular“. A partir de agora, prevese que en abril se presente o proxecto, o que permitirá o inicio da licitación das obras no primeiro semestre do ano que vén.

ÚLTIMAS

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...

“Estamos desesperados”, veciños de Privada Moderna esixen á Sareb que “cumpra a sentenza” e arranxe os seus pisos

Veciños da rúa Privada Moderna de Vigo esixíronlle á Sociedade de Xestión de Activos...

Sr. Feijóo, o “cancro” é unha enfermidade, non un modelo de absentismo laboral. Quen coida de quen coida?

Por Pedro de Castro (Vigo - 1978)  Hai persoas que enferman sen estar nunha...

Un xulgado de Vigo falla contra a Sareb e permite a un veciño de Privada Moderna quedar no seu piso

A praza 7 da Sección Civil do Tribunal de Instancia de Vigo fallou en...