InicioSociedadeO Galicia Fest terá unha segunda edición en xuño de 2026

O Galicia Fest terá unha segunda edición en xuño de 2026

O goberno de Vigo critica o evento por non ser gratuíto: "Parece que a Xunta e a Deputación veñen facer negocio".

PUBLICADO O

- Advertisement -

O festival Galicia Fest, celebrado en Vigo este agosto por primeira vez, e impulsado por Xunta e Deputación de Pontevedra, coa colaboración do Porto, terá continuidade, e a vicepresidenta da institución provincial, Luisa Sánchez, xa confirmou que a segunda edición terá lugar os días 26 e 27 de xuño de 2026.

Nunha comparecencia ante os medios, Sánchez avanzou que o Galicia Fest contará coa presenza de grupos de Vigo, onde “hai moitos grupos e moi bo nivel musical”, e que non serán meros teloneiros. “Aquí non hai teloneiros, aquí todos os grupos son protagonistas. Eles e o público son os verdadeiros protagonistas”, sinalou.

Con respecto á primeira edición, que tivo lugar no peirao de Transatlánticos, Luisa Sánchez celebrou que foi un “éxito”, e que, coas entradas esgotadas, máis de 6.000 persoas encheron o peirao. Delas, destacou, o 80 % eran da propia cidade, o que demostra que “a cidade tiña ganas de gozar dun festival como este”, ademais de que é capaz de atraer a outros visitantes.

Pola súa banda, o goberno local de Vigo censurou que Xunta e Deputación están en Vigo “para facer negocio”, por cobrar entrada de “ata 50 euros” para este festival. “Todos os eventos que realizan ou patrocinan a Xunta de Galicia e a Deputación en Vigo son de pago. É unha estafa”, criticou o portavoz do goberno municipal, Carlos López Font.

O concelleiro socialista lembrou que os concertos de Castrelos que organiza o Concello, así como os concertos en Porta do Sol, son gratuítos, do mesmo xeito que outras actividades, como o cinema ao aire libre, ou servizos como os pavillóns, as escolas infantís, as actividades para maiores ou as rutas ambientais. Ademais, engadiu, o cabeza de cartel do Galicia Fest, en referencia a Dani Fernández, “xa actuou gratis en Castrelos o ano pasado”.

ÚLTIMAS

Abel Caballero esixe desculpas a Alfonso Rueda polo atraso do AVE a Porto ata 2039

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cargou contra o presidente da Xunta, Alfonso Rueda,...

25 de Abril: Unha revolución permanente

O 25 de abril de 1974 foi unha revolución decisiva en Portugal, que acabou...

Tres persoas feridas, unha delas de gravidade, nun incendio nun edificio en Vigo

Tres persoas resultaron afectadas, unha delas de gravidade, tras un incendio nun edificio situado...

Detidas tres mulleres dunha mesma familia en Vigo por explotar sexualmente a mulleres estranxeiras

Axentes da Policía Nacional detiveron en Vigo a tres mulleres da mesma familia como...