InicioSociedadeAbel Caballero denuncia un ciberataque prorruso contra a web do Concello de...

Abel Caballero denuncia un ciberataque prorruso contra a web do Concello de Vigo

O ataque, atribuído ao grupo NoName, foi detectado ás 08.00 horas e neutralizado en media hora.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, informou de que a web do Concello sufriu esta mañá un ciberataque de “ciberdelincuentes prorrusos” que xa foi emendado. Nun audio enviado aos medios de comunicación, o rexedor dixo que este ataque se produciu sobre as 06.00 horas e foi detectado sobre as 08.00 horas, quedando ás 08.30 horas “restablecida a normalidade”.

“Era un novo intento de paralizar toda a xestión telemática e cibernética do Concello e impedir que os cidadáns puidesen realizar os trámites“, subliñou Caballero, apuntando como autor do mesmo a NoName, “ciberdelincuentes prorrusos”. Segundo el, a cidade seguirá sendo obxecto de ataques deste tipo, pero dispón dos mecanismos para rexeitalos “de forma inmediata sen que consigan o seu obxectivo”.

ÚLTIMAS

Abel Caballero inaugura a conta atrás ata o 25 de decembro: “O Nadal de todo o planeta é a de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este sábado un reloxo dixital cunha conta...

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...

“Estamos desesperados”, veciños de Privada Moderna esixen á Sareb que “cumpra a sentenza” e arranxe os seus pisos

Veciños da rúa Privada Moderna de Vigo esixíronlle á Sociedade de Xestión de Activos...

Sr. Feijóo, o “cancro” é unha enfermidade, non un modelo de absentismo laboral. Quen coida de quen coida?

Por Pedro de Castro (Vigo - 1978)  Hai persoas que enferman sen estar nunha...