InicioSociedadeO Concello de Vigo imporá unha nova multa de 50.000 a Ryanair...

O Concello de Vigo imporá unha nova multa de 50.000 a Ryanair por “incumprir” o contrato de promoción turística

Esta multa súmase á anterior de máis de 17.000 imposta no principio do ano á aerolínea.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Concello de Vigo imporá unha nova multa de 50.000 euros á aerolínea Ryanair por “incumprir” o contrato de promoción turística pactado co goberno local. Nun audio enviado aos medios de comunicación, o alcalde, Abel Caballero, lamentou que a compañía “incumprise” o contrato asinado, polo que se lle imporá unha sanción de 50.000 euros. Esta multa súmase á anterior de máis de 17.000 imposta no principio do ano á aerolínea. Neste caso, foi debida a que Ryanair eliminou varios voos subvencionados polo goberno local, reducindo de tres a dous os voos semanais que unían a cidade de Vigo con Londres, vulnerando así o acordo asinado co Concello.

ÚLTIMAS

O poder arredor da mesa: quen está detrás do Foro da Toxa?

Empresas, banca, enerxía, tecnoloxía e obra pública nun foro no que tamén se reúnen...

Tenta queimar a unha persoa sen fogar en Vigo por ser “estranxeira” e logo vai tomar un café

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron un varón de 53 anos, de nacionalidade...

Xulgan a unha empregada do fogar que subtraeu xoias e obxectos por case 75.000 euros dunha vivenda en Vigo

A sede viguesa da Audiencia Provincial de Pontevedra xulgará o vindeiro mércores, día 23,...

A Audiencia de Pontevedra celebra a audiencia preliminar contra un home acusado de insultos racistas a unha menor nun bus de Vigo

A sección viguesa da Audiencia Provincial de Pontevedra acollerá o vindeiro mércores a audiencia...