InicioSociedadeCaballero, "encantado" de que Peinador sexa o primeiro aeroporto de España con...

Caballero, “encantado” de que Peinador sexa o primeiro aeroporto de España con torre de control dixital: “É a vangarda”

O rexedor explicou que son 19 cámaras as que proxectan as imaxes da pista de aterraxe nunha pantalla formada por 13 monitores de 55 polgadas.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, mostrouse “encantado” de que Peinador sexa o primeiro aeroporto de España que dispón dunha torre de control dixital: “É a modernidade, a vangarda”. Así o sinalou nun audio difundido aos medios de comunicación tras visitar esta mañá as instalacións, situadas nun inmoble próximo á torre de control analóxica.

Alí estivo acompañado, entre outros, do delegado do Estado en Zona franca, David Regades, e de directivos do Ministerio de Transportes e Mobilidade Sustentable, AENA, AESA e Saerco. O rexedor explicou que son 19 cámaras as que proxectan as imaxes da pista de aterraxe nunha pantalla formada por 13 monitores de 55 polgadas. “É unha forma excepcional de ver toda a aterraxe en 360 graos”, reivindicou Caballero.

ÚLTIMAS

O xefe de equipo rompe a chorar no xuízo polo operario morto en Cardama: “Lévoo cargando estes anos”

O xefe de equipo do estaleiro Cardama, un dos acusados pola morte dun operario...

Paus, tubos, ferros e cadeiras… así foi a batalla campal entre siareiros do Celta e do Olimpique de Lyon

O Real Club Celta condenou os incidentes violentos ocorridos nas últimas horas na cidade,...

The Corrs actuarán en Vigo o 11 de agosto en Castrelos

A banda irlandesa The Corrs actuará no auditorio de Castrelos de Vigo o próximo...

O PP e o BNG de Vigo esixen mobilizar 60 millóns de remanentes para vivenda e servizos sociais

O Partido Popular e o BNG de Vigo coincidiron este mércores en demandar unha...