InicioSociedadeO BNG de Vigo ve unha ·estafa" que o novo centro de...

O BNG de Vigo ve unha ·estafa” que o novo centro de saúde Olimpia Valencia se abra á conta de pechar dous ambulatorios

Nun comunicado, os nacionalistas rexeitaron a pretensión do Servizo Galego de Saúde (Sergas) de "converter o novo Olimpia Valencia nun Isabel Zendal, sen persoal", en referencia ao hospital madrileño que se abriu durante a pandemia derivando recursos doutros centros sanitarios.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O BNG de Vigo ve unha “estafa” que o novo centro de saúde Olimpia Valencia se abra á conta de pechar outros dous ambulatorios da cidade: o de López Mora e o de Nicolás Pena. Nun comunicado, os nacionalistas rexeitaron a pretensión do Servizo Galego de Saúde (Sergas) de “converter o novo Olimpia Valencia nun Isabel Zendal, sen persoal”, en referencia ao hospital madrileño que se abriu durante a pandemia derivando recursos doutros centros sanitarios.

Precisamente este luns o portavoz municipal do Bloque, Xabier Pérez Igrexas, e a deputada Alexandra Fernández reuníronse con representantes sindicais da Comisión de Centros da área Sanitaria de Vigo, criticando a “mentira” da Xunta, que anunciou que o Olimpia Valencia reforzaría a Atención Primaria. O PP de Rueda quere facer outra vez da nosa área sanitaria un banco de probas dos seus experimentos, cos que xogan coa saúde de vigueses”, apuntou Igrexas. Por iso, tanto el como Fernández urxiron unha “emenda á totalidade” das políticas sanitarias do Goberno galego na cidade, reforzando a Atención Primaria como “columna vertebral” do sistema.

ÚLTIMAS

A Policía de Vigo mantén abertas todas as liñas de investigación polo incendio dun edificio en Cesáreo González

A Policía Nacional de Vigo investiga "con todas as liñas abertas" o incendio ocorrido...

Abel Caballero esixe desculpas a Alfonso Rueda polo atraso do AVE a Porto ata 2039

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cargou contra o presidente da Xunta, Alfonso Rueda,...

25 de Abril: Unha revolución permanente

O 25 de abril de 1974 foi unha revolución decisiva en Portugal, que acabou...

Tres persoas feridas, unha delas de gravidade, nun incendio nun edificio en Vigo

Tres persoas resultaron afectadas, unha delas de gravidade, tras un incendio nun edificio situado...