InicioSociedadeUnha científica critica no Parlamento que se invista no tratamento de pacientes...

Unha científica critica no Parlamento que se invista no tratamento de pacientes con cancro terminal

PUBLICADO O

- Advertisement -

“Es un problema, porque se están dando tratamientos oncológicos a pacientes que no tienen más perspectiva que un par de meses por delante y estamos gastando medio millón de euros por ganar el equivalente a un año de vida ajustado por calidad”. Este é o argumento que esgrime Beatriz González López-Valcárcel para reducir gasto na sanidade pública, retirando tramentos oncolóxicos a algúns enfermos de cancro.

Esta científica foi convidada polo PP para intervir na comisión de investigación sobre a sanidade no Parlamento galego. Para xustificar o seu posicionamento sobre a relación custo/efectividade de determinados tratamentos sanitarios, González López criticou que se estea gastando cartos na atención oncolóxica en pacientes cunha esperanza de vida limitada. “La sociedad tiene que plantearse si vale la pena o no utilizar determinados tratamentos”, afirmou.

 

González mediu o valor das vidas deses enfermos aos que propón retirar os tratamentos en medio millón de euros, que presentou como un sobrecusto para as arcas públicas. “Este medio millón de euros produciría muchísima más salud utilizado en otros programas”, dixo.

Non quedou aí a cousa. González López tamén incluíu os enfermos de hepatice C en fase de fribrose F0 e F1, aos que propón non administrar antivirais directos, para aforrar aínda máis. A información continúa no Galicia Confidencial.

ÚLTIMAS

A Policía de Vigo mantén abertas todas as liñas de investigación polo incendio dun edificio en Cesáreo González

A Policía Nacional de Vigo investiga "con todas as liñas abertas" o incendio ocorrido...

Abel Caballero esixe desculpas a Alfonso Rueda polo atraso do AVE a Porto ata 2039

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cargou contra o presidente da Xunta, Alfonso Rueda,...

25 de Abril: Unha revolución permanente

O 25 de abril de 1974 foi unha revolución decisiva en Portugal, que acabou...

Tres persoas feridas, unha delas de gravidade, nun incendio nun edificio en Vigo

Tres persoas resultaron afectadas, unha delas de gravidade, tras un incendio nun edificio situado...