InicioSociedadeO Álvaro Cunqueiro, primeiro hospital de España en administrar terapia xénica para...

O Álvaro Cunqueiro, primeiro hospital de España en administrar terapia xénica para tratar a hemofilia B

A hemofilia B é unha enfermidade rara ou pouco frecuente, cunha incidencia de 5/100.000 homes, de transmisión xenética, ligada ao cromosoma X e causada pola carencia ou déficit do factor IX. Aínda que afecta principalmente os homes, tamén se pode observar en mulleres portadoras de mutacións que a causan.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo foi o primeiro de España en aplicar, este mércores, a terapia xénica para o tratamento da hemofilia B a un paciente, que se converteu no primeiro do país en recibir esta terapia nun hospital público. A aplicación deste medicamento estivo dirixida polo Servizo de Hematoloxía e Hematoterapia da área sanitaria de Vigo, coa doutora Carmen Albo á fronte e o equipo médico ofrecerá unha rolda de prensa nas próximas horas para informar con detalle deste fito.

Para este tratamento, a Xunta está a investir 15,6 millóns de euros, e é a única terapia eficaz ata o momento para a curación da enfermidade. Trátase do Etranacogen Dezaparvovec, un medicamento destinado á abordaxe do trastorno de coagulación sanguínea hereditaria (hemofilia B ou HB) con terapia xénica. A hemofilia B é unha enfermidade rara ou pouco frecuente, cunha incidencia de 5/100.000 homes, de transmisión xenética, ligada ao cromosoma X e causada pola carencia ou déficit do factor IX. Aínda que afecta principalmente os homes, tamén se pode observar en mulleres portadoras de mutacións que a causan.

Con todo, a aplicación deste tratamento está restrinxida a casos graves ou moi graves de HB, en pacientes adultos sen antecedentes de inhibidores do factor IX, con tratamento profiláctico estable con factor IX recombinante de vida estendida durante, polo menos, dous anos e que presenten niveis de anticorpos neutralizantes anticápside contra AA V5 = 1:678. O número de pacientes en Galicia con diagnóstico de hemofilia B é de 51, 37 homes e 14 mulleres. A previsión do Sergas é que poidan beneficiarse desta terapia 8 pacientes, que son susceptibles de indicación de terapia xénica, sempre que cumpran co resto de criterios clínicos.

ÚLTIMAS

A hostalería carga contra a taxa turística de Vigo: “Non hai masificación e pode prexudicar a economía local”

A Federación Empresarial de Turismo e Hostalería de Pontevedra (Feprotur) lamentou que a taxa...

A Audiencia condena a case 17 anos de prisión o home que prendeu lume á súa exparella en Vigo

A Sección Cuarta da Audiencia Provincial de Pontevedra condenou a 16 anos, 11 meses...

Caballero garantiza a auga a Baiona un día despois de dicir que podía cortarlla: “É porque a Xunta non fai nada”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, asegurou este martes que garante a subministración de...

Un coche sae da vía na VG-20 de Vigo e provoca retencións ao quedar no medio da calzada

A autovía VG-20 de Vigo volveu rexistrar un novo accidente na tarde deste martes,...