InicioSociedadeO porto de Vigo recibe dous cruceiros con escala simultánea e 13.000...

O porto de Vigo recibe dous cruceiros con escala simultánea e 13.000 turistas a bordo

Trátanse do 'Independence of the Seas' e o 'MSC Virtuosa'.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A cidade de Vigo recibiu este mércores a case 13.000 turistas a bordo de dous cruceiros que fixeron escala simultánea na terminal viguesa, o ‘Independence of the Seas‘ e o ‘MSC Virtuosa‘. Segundo informou a Autoridade Portuaria, o ‘Independence of the Seas‘ chegou a Vigo sobre as 8.30 horas, procedente de Southampton e partirá a media tarde rumbo a Lisboa. A bordo deste buque viaxan 4.420 pasaxeiros e 1.434 tripulantes. O ‘MSC Virtuosa‘ chegou sobre as 8.00 horas proedente de Lisboa e partirá tamén a media tarde cara a Cherburgo, con 5.215 cruceristas e 1.674 tripulantes. Os cruceiros, que suman máis de 670 metros de eslora, están atracados no Peirao de Transatlánticos.

ÚLTIMAS

Sumar Galicia impulsa unha proposta de coalición de esquerdas en Vigo de face ás próximas eleccións municipais

Movemento Sumar Galicia remitiu unha carta a Esquerda Unida, Verdes Equo, Anova e Podemos...

O aeroporto de Vigo opera con “normalidade” no cuarto día de folga dos controladores aéreos

Os aeroportos de Vigo e A Coruña funcionan "con normalidade" na xornada deste luns,...

Vigo aproba a taxa turística: custará entre 0,80 e 2 euros por noite segundo o aloxamento

A Xunta de Goberno Local do Concello de Vigo aprobou este venres o proxecto...

En liberdade provisional os tres detidos na operación antidroga de Vigo

O tribunal de instancia de Vigo, sección de Instrución, praza 4, decretou a posta...