InicioSociedadeA Audiencia absolve a un acusado de golpear a un home nun...

A Audiencia absolve a un acusado de golpear a un home nun bar da cidade e provocarlle a perda dun ollo

A Audiencia expón que o relato do denunciante "é pouco preciso, proporciona escasos datos".

PUBLICADO O

- Advertisement -

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, ditou sentenza na que absolve a un home, acusado dun delito de lesións, e que foi xulgado por unha suposta agresión a outro home nun bar da cidade, provocándolle a perda do ollo esquerdo. O tribunal sinala que a única proba incriminatoria que podería servir para condenar ao procesado é o testemuño do denunciante, que asegurou que vira “polo rabillo do ollo” a man do acusado golpeándolle. Con todo, as testemuñas que declararon corroboraron que, entre ambos, había varios metros de distancia, e o propio acusado, aínda que recoñeceu que estaba no bar nese momento, negou a autoría da agresión.

A Audiencia expón tamén que o relato do denunciante “é pouco preciso, proporciona escasos datos” e que o home “lembra poucas circuntancias” relativas á agresión. Respecto diso, sinala que, segundo as testemuñas, estaba ebrio, e iso puido interferir na súa capacidade de “percepción e atención”. Por todo iso, aínda que a Fiscalía solicitaba inicialmente 11 anos de cárcere e máis de 115.000 euros de indemnización por un delito de lesións, a sala acordou a absolución ao non ver acreditada a autoría, xa que nin sequera o prexudicado puido concretar de que forma lle golpeou o acusado, se o fixo co puño ou a man aberta, e incorreu en varias contradicións.

ÚLTIMAS

O xefe de equipo rompe a chorar no xuízo polo operario morto en Cardama: “Lévoo cargando estes anos”

O xefe de equipo do estaleiro Cardama, un dos acusados pola morte dun operario...

Paus, tubos, ferros e cadeiras… así foi a batalla campal entre siareiros do Celta e do Olimpique de Lyon

O Real Club Celta condenou os incidentes violentos ocorridos nas últimas horas na cidade,...

The Corrs actuarán en Vigo o 11 de agosto en Castrelos

A banda irlandesa The Corrs actuará no auditorio de Castrelos de Vigo o próximo...

O PP e o BNG de Vigo esixen mobilizar 60 millóns de remanentes para vivenda e servizos sociais

O Partido Popular e o BNG de Vigo coincidiron este mércores en demandar unha...