InicioSociedadeO xulgado solicita á Policía Local información e documentos sobre o 'Saltamontes'...

O xulgado solicita á Policía Local información e documentos sobre o ‘Saltamontes’ no que morreu un mozo en 2024

Neste procedemento xudicial están investigados o dono do 'Saltamontes', G.M.M.D.S., e o presidente da comisión de festas de Matamá, C.G.M.

PUBLICADO O

- Advertisement -

xulgado de instrución 3 de Vigo, que investiga o accidente sucedido en agosto do ano pasado nunha atracción de feira, o ‘Saltamontes’, na parroquia de Matamá, no que faleceu Iván C.H., solicitou á Policía Local da cidade que lle informe sobre a súa intervención e accións realizadas vinculadas con esta atracción.

Así, nunha provincia do pasado 21 de maio, a maxistrada acorda librar oficio, como dilixencia complementaria, ao xefe da Policía Local de Vigo para que remita ao xulgado toda a documentación, partes de intervención e informes dos que dispoñan en relación a esa atracción de feira. Neste procedemento xudicial están investigados o dono do ‘Saltamontes’, G.M.M.D.S., e o presidente da comisión de festas de Matamá, C.G.M.

O accidente ocorreu na madrugada do 3 de agosto, cando un dos brazos hidráulicos da atracción se soltou. Como resultado, Iván C.H., de 36 anos, faleceu, e a muller que ía con el acabou con lesións. Días despois, o Concello de Vigo asegurou que o ‘Saltamontes’ non tiña autorización para instalarse, xa que lle faltaba algunha documentación. Con todo, non só se instalou, senón que estivo a funcionar ata a traxedia.

ÚLTIMAS

O xefe de equipo rompe a chorar no xuízo polo operario morto en Cardama: “Lévoo cargando estes anos”

O xefe de equipo do estaleiro Cardama, un dos acusados pola morte dun operario...

Paus, tubos, ferros e cadeiras… así foi a batalla campal entre siareiros do Celta e do Olimpique de Lyon

O Real Club Celta condenou os incidentes violentos ocorridos nas últimas horas na cidade,...

The Corrs actuarán en Vigo o 11 de agosto en Castrelos

A banda irlandesa The Corrs actuará no auditorio de Castrelos de Vigo o próximo...

O PP e o BNG de Vigo esixen mobilizar 60 millóns de remanentes para vivenda e servizos sociais

O Partido Popular e o BNG de Vigo coincidiron este mércores en demandar unha...