InicioSociedadePP e BNG piden ao Concello que impida a subida de prezo...

PP e BNG piden ao Concello que impida a subida de prezo de Vitrasa ao acabar as axudas do Ministerio

"Vigo xa ten os prezos de bus máis caros de todas as cidades galegas e dos máis elevados do conxunto do Estado", criticou o nacionalista Pérez Igrexas.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O PP e do BNG de Vigo pediron ao Concello que impida o incremento do prezo do billete de Vitrasa tras o fin das bonificacións postas en marcha polo Ministerio de Transportes e Mobilidade Sustentable. Nun comunicado, o grupo municipal do PP instou ao goberno local a que asuma con fondos propios o desconto do 10 % que o Executivo nacional deixará de achegar a partir do 1 de xullo nas viaxes bonificadas co cartón PassVigo.

Segundo os seus cálculos, esta medida terá un custo duns 600.000 euros para o Concello, aos que habería que restar 50.000 euros “que se aforrará grazas á gratuidade que implantará o Estado entre os menores de 15 anos”. O portavoz municipal do PP, Miguel Martín, lembrou que o traxecto ordinario con PassVigo incrementarase en 11 céntimos e pasará a custar 67 céntimos a partir do segundo semestre do ano (+16 %). Un aumento que tamén se vai a dar na tarifa social, que elevará o seu prezo en 9 céntimos, pasando de 0,46 a 0,55 euros (+19 %). “Unhas subidas que ben poderían anularse se o goberno local asúmeas con recursos propios”, tal e como propuxo.

Pola súa banda, o BNG rexeitou tamén esta nova subida do Vitrasa prevista para xuño, instando o alcalde, Abel Caballero, a que faga uso da súa “liña directa” con Moncloa da que “tanto presume” para esixir ao Ministerio que manteña as subvencións que bonifican as tarifas do autobús urbano da urbe olívica. Ademais, o portavoz nacinalista, Xabier Pérez Igrexas, asegurou que o Concello ten “recursos suficientes para conxelar as tarifas”, pedindo ao goberno local que modifique o orzamento para redirixir 1,2 millóns de euros destinados subvencionar aerolíneas a financiar o transporte público. “Vigo xa ten os prezos de bus máis caros de todas as cidades galegas e dos máis elevados do conxunto do Estado”, criticou Igrexas.

ÚLTIMAS

A Plataforma fronte á Masificación Turística pide unha moratoria de licenzas para VUT

A Plataforma fronte á Masificación Turística de Vigo e O Morrazo dirixiuse por carta...

O PP de Vigo pide a Caballero que deixe as “ambigüidades” sobre a biblioteca de Teis

O grupo municipal do PP no Concello de Vigo esixiu ao alcalde, Abel Caballero,...

O BNG volve pedir a retirada do busto de Juan Carlos I da entrada do Concello de Vigo

O BNG de Vigo volveu a reclamar este luns a retirada "permanente e definitiva"...

Detido en Vigo por ameazar cun coitelo a outro home durante unha pelexa

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un home de 25 anos de...