InicioMedio Ambiente e PatrimonioO ecoloxistas denuncian como "pelotazo urbanístico" as obras do Celta en Mos...

O ecoloxistas denuncian como “pelotazo urbanístico” as obras do Celta en Mos dentro de terreos forestais

"É un pelotazo urbanístico en toda regra e unha apropiación de monte comunal, coa consecuente perda de arboredo e biodiversidade, para entregalo a un proxecto privado, non a unha obra de interese pública, como un hospital", criticou o portavoz de Ecoloxistas en Acción, Xaquín Pastoriza

PUBLICADO O

- Advertisement -

Ecoloxistas en Acción insistiu este martes en que a Factoría do Deporte Galego-Galicia Sports 360 que o Real Club Celta de Vigo está a desenvolver en Mos é un “pelotazo urbanístico” en terreos forestais.

Así o sinalou nun comunicado tras coñecerse este luns que a Xunta declarou estas infraestruturas como de interese autonómico, a pesar de que supón unha recualificación de chan rústico non urbanizable a urbanizable, segundo lamentan os ecoloxistas.

“É un pelotazo urbanístico en toda regra e unha apropiación de monte comunal, coa consecuente perda de arboredo e biodiversidade, para entregalo a un proxecto privado, non a unha obra de interese pública, como un hospital”, criticou o portavoz de Ecoloxistas en Acción, Xaquín Pastoriza.

Para el, aínda que é certo que o proxecto final supón unha rebaixa “moi importante” con respecto ao primeiro presentado, esta actuación debería desenvolverse nunha zona urbanizada cualificada para dotación deportiva e non nunha zona forestal.

ÚLTIMAS

O xefe de equipo rompe a chorar no xuízo polo operario morto en Cardama: “Lévoo cargando estes anos”

O xefe de equipo do estaleiro Cardama, un dos acusados pola morte dun operario...

Paus, tubos, ferros e cadeiras… así foi a batalla campal entre siareiros do Celta e do Olimpique de Lyon

O Real Club Celta condenou os incidentes violentos ocorridos nas últimas horas na cidade,...

The Corrs actuarán en Vigo o 11 de agosto en Castrelos

A banda irlandesa The Corrs actuará no auditorio de Castrelos de Vigo o próximo...

O PP e o BNG de Vigo esixen mobilizar 60 millóns de remanentes para vivenda e servizos sociais

O Partido Popular e o BNG de Vigo coincidiron este mércores en demandar unha...