InicioSociedadeO acusado de abusar do fillo da súa parella en Vigo négao:...

O acusado de abusar do fillo da súa parella en Vigo négao: “Xamais, (…) a súa nai mataríame”

As forenses dan credibilidade ao relato do denunciante, que é "reflexivo, ben argumentado e consistente.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un home xulgado en Vigo por un suposto delito continuado de agresión sexual ao fillo menor de idade da súa parella negou rotundamente os feitos ante o tribunal: “Xamais abusei del, inventouno”. Na súa declaración ante a sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, e entre saloucos, o procesado negou as agresións sexuais que, segundo o denunciante, producíanse case a diario desde que tiña oito anos e ata practicamente a súa maioría de idade.

Así, o procesado repetiu varias veces que “xamais” abusou del, nin o ameazou nin usou a violencia para agredilo sexualmente. Igualmente, negou que lle fixo fotos espido e negou que, tal e como declararon a vítima, a súa nai e o seu irmán, el fose unha persoa agresiva ou autoritaria no ámbito familiar.

“Non teño palabras para explicar isto, é surrealista”, argumentou, ante as preguntas das acusacións sobre os feitos denunciados, á vez que asegurou que, ata en dúas ocasións, o fillo da súa parella díxolle que lle ía a “foder a vida”, xa cando era máis maior. De feito, cando fixo uso do seu dereito á última palabra o acusado proclamou entre bágoas: “Se algo fose certo, a súa nai mataríame, ou se non, os seus avós”.

“RELATO REFLEXIVO, BEN ARGUMENTADO E CONSISTENTE”

Ademais da declaración do acusado, para quen a Fiscalía pide 14 anos de prisión (15 anos solicita a acusación particular), na xornada deste martes tamén declararon forenses do IMELGA e a psicóloga que trata desde hai anos ao denunciante. Todas estas peritas confirmaron que a vítima presenta síntomas de tensión postraumática compatibles coas vivencias que narra e deron credibilidade ao seu relato, un relato “reflexivo, ben argumentado e consistente”. Do mesmo xeito, detallaron que non observaron nese relato ningún indicio de simulación ou fabulación. Segundo precisaron, a vítima padece problemas no ámbito afectivo-sexual, “moi habituais” en caso de abusos sexuais durante a infancia, ademais de problemas de ansiedade, insomnio, fobias e outros trastornos que fan que, a día de hoxe, siga necesitando medicación e terapia.

INFORMES FINAIS

No seu informe final, a Fiscalía sinalou que o delito continuado de agresión sexual quedou acreditado coa declaración da vítima, corroborada tamén polas manifestacións das testemuñas. Segundo a Fiscal, o acusado agrediu sexualmente ao seu fillastro de forma continuada durante anos, empregando a violencia física cando era máis pequeno, e sen que esta fose necesaria posteriormente, “debido ao clima de intimidación que xa se creou” e ás ameazas. “Podémonos imaxinar o inferno de vida polo que pasou”, sinalou a representante do ministerio público.

Ademais de valorar a persistencia e coherencia do relato do denunciante, a Fiscal tamén lembrou que o seu irmán, que declarou como testemuña, desvelou no xuízo, e por primeira vez, que o acusado tamén abusou del cando era neno. De feito, anunciou a petición de dedución de testemuño por outro presunto delito de agresión sexual, a expensas de que esta testemuña presente denuncia por eses feitos. Igualmente, a acusación particular mantivo as súas conclusións e valorou que o testemuño da vítima é “do todo verosímil”, e cuestionou a credibilidade do acusado que, no xuízo, proclamou que “nunca” fixera “dano a ninguén”, cando ten antecedentes e unha condena por prostitución.

Finalmente, a defensa fixo fincapé en que “nunca ninguén viu nada” nos escenarios onde supostamente se produciron eses abusos sexuais, e trasladou a súa sorpresa pola “alteración” do testemuño da nai e o irmán da vítima, que inicialmente non lle daban credibilidade e atribuían a denuncia a unha “distorsión da realidade”. Esta letrada constatou a existencia de “animadversión” por parte do denunciante e tamén das testemuñas cara ao seu defendido, e incidiu nas supostas “contradicións” no relato acusatorio. Ao seu xuízo, “é imposible” que anos de agresións sexuais a un menor pasasen “desapercibidos” tanto para a familia como para a escola ou os pediatras.

ÚLTIMAS

Industria empraza a 40 afectados polas expropiacións para a ampliación do PTL de Valadares a ser notificados en persoa

O Diario Oficial de Galica (DOG) publica este mércores un anuncio da Dirección Xeral...

Detida tras atropelar ao seu marido coa súa moto na avenida da Florida e darse á fuga

Unha muller, C.R.P.C. de Venezuela e 43 anos de idade, foi detida o pasado...

Detida en Serafín Avendaño tras saltarse unha orde de afastamento sobre a súa nai de 77 anos, trasladada ao hospital

Unha muller, R.K.A.Q. de Vigo e 44 anos de idade, foi detida na tarde...