InicioSociedadeDeclarada firme unha sentenza que rexeita a demanda de comuneiros de Cabral...

Declarada firme unha sentenza que rexeita a demanda de comuneiros de Cabral de facerse coa titularidade dunha parcela na que hai unha casa

En concreto, o fallo previo foi emitido pola sección sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra o pasado mes de xullo, tras recorrerse a desestimación da demanda por parte do Xulgado de primeira instancia número 2 de Vigo. A Audiencia considerou que os comuneiros ofreceran "unha realidade alternativa" na súa apelación, sen rebater o seu contido.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) inadmitiu o recurso de casación interposto pola Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Cabral, en Vigo, declarando firme unha sentenza que rexeitada a demanda dos devanditos comuneiros de facerse coa titularidade dunha parcela.

En concreto, o fallo previo foi emitido pola sección sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra o pasado mes de xullo, tras recorrerse a desestimación da demanda por parte do Xulgado de primeira instancia número 2 de Vigo. A Audiencia considerou que os comuneiros ofreceran “unha realidade alternativa” na súa apelación, sen rebater o seu contido.

O caso, segundo explica nun comunicado a Plataforma Galega de Afectados por Comunidades de Montes, volve cuestionar a validez do plano de 1891 na que a Comunidade e Montes basea “habitualmente” as súas reclamacións, apuntando a sentenza da Audiencia que son “francamente dubidosos, ata o punto en que de ningún xeito acreditan que a leira se atope situada dentro do perímetro do monte comunal“. Ademais, no terreo na actualidade atópase unha vivenda que, segundo a sentenza, está en chan urbanizable, “o que descarta a súa cualificación como monte veciñal”.

ÚLTIMAS

Vigo acollerá un concerto solidario para axudar a Venezuela

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este luns a celebración dun concerto solidario...

Desconvocada a folga nas lavandarías dos hospitais da área de Vigo

O comité de empresa e a dirección de Elis Manomatic, que presta o servizo...

O BNG denuncia un “recorte salvaxe” de camas na área de Vigo este verán

O BNG esixiulle á Xunta que "rectifique" o peche de camas e os "recortes"...

Revogada a condena a un pub de Vigo por difundir un vídeo onde se vían dous clientes “en actitude cariñosa”

A Audiencia de Pontevedra estimou un recurso presentado por un local de lecer de...