InicioSen categorizarPrimeiro as luces e agora o Entroido, Caballero avisa: "Que se prepare...

Primeiro as luces e agora o Entroido, Caballero avisa: “Que se prepare Río de Janeiro”

Fillas de Cassandra e o desfile de comparsas entre os atractivos do Entroido vigués.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O concerto de Fillas de Cassandra (venres ás 22,00 horas) e o desfile de comparsas polo centro da cidade (sábado a partir das 18,00 horas) serán os actos centrais do Entroido 2025 en Vigo, que conta con programa de actividades nos que non falta a música, a animación de rúa e os concursos.

O alcalde da cidade, Abel Caballero, presentou este martes a programación, acompañado polo responsables da Federación de Peñas A Oliveira e da Agrupación de Centros Culturais e Deportivos de Vigo, e pola concelleira de Festas, Patricia Rodríguez Calviño. Os actos comezarán este venres con animación de rúa, a ‘entronización’ do Meco (20,30 horas) e o concerto de Fillas de Cassandra en Pórtaa do Sol. O sábado, ademais da animación de rúa, sairá o desfile de 23 comparsas desde o nó de Isaac Peral ata a Porta do Sol; e o domingo volverá a animación de rúa pola mañá e pola tarde, e chocolatada ás 17,00 horas en Porta do Sol.

O luns celebraranse talleres infantís de máscaras e maquillaxe na Porta do Sol (e en caso de choiva, no auditorio municipal do Concello) e haberá animación de rúa, mentres que a Porta do Sol acollerá a actuación da orquestra Grupo América ás 22,00 horas; xa o martes será a quenda do concurso de disfraces e a queima do Meco.

A programación finalizará o mércores, coa exequias fúnebres (18,00 horas) e o desfile e acompañamento da comitiva polas rúas Policarpo Sanz, Urzáiz e Príncipe. O alcalde, Abel Caballero, advertiu de que ninguén debe irse de vacacións fóra da cidade nestas datas porque será unha celebración “absolutamente excepcional”. “Están Tenerife, Cádiz e Río de Janeiro, e agora Vigo colócase por diante destas tres cidades. Que se prepare Río de Janeiro, que lles imos a gañar por goleada”, proclamou.

ÚLTIMAS

Abel Caballero inaugura a conta atrás ata o 25 de decembro: “O Nadal de todo o planeta é a de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este sábado un reloxo dixital cunha conta...

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...

“Estamos desesperados”, veciños de Privada Moderna esixen á Sareb que “cumpra a sentenza” e arranxe os seus pisos

Veciños da rúa Privada Moderna de Vigo esixíronlle á Sociedade de Xestión de Activos...

Sr. Feijóo, o “cancro” é unha enfermidade, non un modelo de absentismo laboral. Quen coida de quen coida?

Por Pedro de Castro (Vigo - 1978)  Hai persoas que enferman sen estar nunha...