InicioSociedadeO BNG de Vigo alerta do "avance descontrolado" dos pisos turísticos e...

O BNG de Vigo alerta do “avance descontrolado” dos pisos turísticos e pide inspeccións e unha ordenanza municipal que os limite

"Mentres os alugueres sexan imposibles, nin un piso turístico máis", defendeu o portavoz nacionalista, Xabier Pérez Igrexas.

PUBLICADO O

- Advertisement -

BNG de Vigo alertou do “avance descontrolado” dos pisos turísticos e pediu ao goberno local que “actúe dunha vez” para frear esta “ameaza especulativa” e que desenvolva inspeccións e unha ordenanza municipal para regulalos. Nun comunicado, o portavoz nacionalista, Xabier Pérez Igrexas, lamentou que a “falta de actuación” por parte do Concello supuxo un incremento das vivendas de uso turístico, o cal á súa vez incide “de maneira directa” na alza dos prezos do aluguer na cidade.

Igrexas criticou que o goberno local de Abel Caballero “non fixese nada durante os últimos anos”, pedindo que “deixe de mirar para outro lado” e estableza medidas para “frear en seco esta ameaza”. Así, reclama que o Concello leve a cabo inspeccións para determinar se todas as vivendas de uso turístico operan respectando a legalidade. Tamén pediu unha ordenanza municipal para limitalos. “Mentres os alugueres sexan imposibles, nin un piso turístico máis”, defendeu Igrexas.

ÚLTIMAS

Balaídos terá unha ‘Tribuna Iago Aspas’: Caballero anuncia que levará o nome do xogador e terá unha estatua ao seu carón

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que a bancada de Tribuna do estadio...

Vox leva ao xulgado os incidentes nunha mesa informativa en Cangas e estuda accións polo acto frustrado de Santiago

Vox presentou este martes unha denuncia ante a sección de instrución do Xulgado de...

Foanpas denuncia “carencias de profesorado” e “caos” no transporte escolar neste inicio de curso en Vigo

A Federación Olívica de Asociacións de Nais e Pais de Centros Escolares de Vigo...

Vigo pon en marcha o Nadal: comeza a montaxe dos grandes elementos con case 13 millóns de luces

O Concello de Vigo iniciou este martes a montaxe dos grandes elementos do seu...