InicioSociedadePeinador pecha o ano con algo máis dun millón de pasaxeiros, un...

Peinador pecha o ano con algo máis dun millón de pasaxeiros, un 6,8 % menos debido ás obras

Entre o 6 e o 31 de maio houbo obras de renovación integral da pista.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Os tres aeroportos galegos moveron durante o pasado 2024 a case 6 millóns de pasaxeiros, a maioría en voos comerciais con destino nacional, coa terminal de Santiago de Compostela-Rosalía de Castro á cabeza, batendo a súa marca, con máis de 3,6 millóns de viaxeiros. Segundo os datos feitos públicos por Aenaa terminal compostelá pechou 2024 con 3.640.664 pasaxeiros, un 2,9 % máis que o ano anterior. Deles, algo máis de 2,86 millóns de persoas viaxaron en voos comerciais con destino nacional, mentres que 760.019 fixérono a algún destino internacional.

Así, o aeroporto de Santiago acolleu case 27.000 operacións, un 4,1 % máis que en 2023, dos que 19.626 foron voos comerciais con destino nacional e 5.437 foron conexións internacionais. Igualmente, en 2024 movéronse na terminal de carga case 5.000 toneladas de mercadorías. O segundo no ranking é o aeroporto de Alvedro-A Coruña, con 1,2 millóns de pasaxeiros rexistrados en 2024, un 1,2 % menos que o ano anterior. Dos viaxeiros, 1.116.912 usaron voos comerciais con destinos nacionais, e 119.875 viaxaron a destinos internacionais. A terminal coruñesa rexistrou 14.490 operacións, un 5,9 % menos, das que 9.463 foron voos comerciais (8.335 nacionais e 1.128 internacionais). En total, movéronse 54 toneladas de mercadorías.

No caso de Vigo, o aeroporto de Peinador pechou o ano con 1.058.529 pasaxeiros, un 6,8 % menos, aínda que a terminal permaneceu pechada do 6 ao 31 de maio debido ás obras de renovación integral da pista. Do total de pasaxeiros de voos comerciais, 1.014.907 voaron a destinos nacionais (un 7,5 % menos) e 41.914 fixérono a destinos internacionais (un 12,1 % máis). O número de voos operados descendeu un 22,5 %, ata situarse en 11.515 (8.787 voos nacionais e 796 voos internacionais).

DATOS DE DECEMBRO

Con respecto aos datos de decembro facilitados por Aena, a terminal compostelá operou 1.850 voos, con 246.119 pasaxeiros (un 1,4 % máis), e movéronse 307 toneladas de mercadorías. Na Coruña operáronse en decembro 1.118 voos, con 105.098 pasaxeiros (un 1,9 % máis), e movéronse 6 toneladas de mercadorías; e no aeroporto de Peinador, operáronse no último mes do ano 962 voos, con 94.850 pasaxeiros (un 7,5 % máis que en decembro de 2023), mentres que se moveron 41 toneladas de mercadorías.

ÚLTIMAS

A Policía de Vigo mantén abertas todas as liñas de investigación polo incendio dun edificio en Cesáreo González

A Policía Nacional de Vigo investiga "con todas as liñas abertas" o incendio ocorrido...

Abel Caballero esixe desculpas a Alfonso Rueda polo atraso do AVE a Porto ata 2039

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cargou contra o presidente da Xunta, Alfonso Rueda,...

25 de Abril: Unha revolución permanente

O 25 de abril de 1974 foi unha revolución decisiva en Portugal, que acabou...

Tres persoas feridas, unha delas de gravidade, nun incendio nun edificio en Vigo

Tres persoas resultaron afectadas, unha delas de gravidade, tras un incendio nun edificio situado...