InicioSociedadeRecoñecen o dereito dun funcionario vigués a ser compensado ao asumir máis...

Recoñecen o dereito dun funcionario vigués a ser compensado ao asumir máis traballo debido ao Nadal e outras festas

O Concello de Vigo atribuíu expresamente a este traballador "competencias e funcións non adscritas ao seu posto, relacionadas con festas e eventos culturais de carácter especial para a cidade".

PUBLICADO O

- Advertisement -

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) recoñeceu o dereito dun funcionario do Concello de Vigo a cobrar produtividades por asumir máis funcións das que lle correspondían como xefe do departamento de Comercio, despois de que esta concellaría empezase a encargarse tamén da xestión de eventos como o Nadal e outras “festas especiais”, o que supuña un maior esforzo, dedicación e responsabilidade para este traballador municipal.

O traballador, funcionario de carreira do Concello olívico, ostenta desde o ano 2016 o posto de xefe de Comercio. No ano 2019, prodúcese unha reorganización na estrutura de goberno municipal, e atribúense á área de Parques, Comercio e Distritos tamén as competencias en Festas Especiais. Nesa resolución, ademais, atribúense expresamente a este traballador “competencias e funcións non adscritas ao seu posto, relacionadas con festas e eventos culturais de carácter especial para a cidade”, aínda que xa viña desempeñándoas desde 2018.

Tras ese cambio, o funcionario reclamou, ata en tres ocasións, o cobro das produtividades vinculadas a ese aumento de carga de traballo polo “especial rendemento e actividade laboral extraordinaria”, con maior dedicación fóra da súa xornada ordinaria, entre os anos 2018 e 2022. Salvo no caso do ano 2020, no que se lle recoñeceron as produtividades (por valor de algo máis de 4.500 euros), as súas pretensións non foron atendidas.

O funcionario levou o seu caso aos tribunais e o xulgado do Contencioso Administrativo 2 de Vigo estimou parcialmente o seu recurso, declarando o dereito do traballador a cobrar esas produtividades. O Concello de Vigo presentou recurso e, nunha sentenza de novembro pasado, o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), confirmou a sentenza do xulgado vigués.

ÚLTIMAS

Vigo acollerá un concerto solidario para axudar a Venezuela

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este luns a celebración dun concerto solidario...

Desconvocada a folga nas lavandarías dos hospitais da área de Vigo

O comité de empresa e a dirección de Elis Manomatic, que presta o servizo...

O BNG denuncia un “recorte salvaxe” de camas na área de Vigo este verán

O BNG esixiulle á Xunta que "rectifique" o peche de camas e os "recortes"...

Revogada a condena a un pub de Vigo por difundir un vídeo onde se vían dous clientes “en actitude cariñosa”

A Audiencia de Pontevedra estimou un recurso presentado por un local de lecer de...