InicioSociedadeOs taxis de Vigo volverán ofrecer percorridos a usuarios de centros de...

Os taxis de Vigo volverán ofrecer percorridos a usuarios de centros de maiores para ver a iluminación do Nadal

Poranse a disposición destes viaxeiros 42 vehículos, e a previsión é trasladar a unhas 200 persoas, residentes en 20 centros de maiores da cidade.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Concello de Vigo e Central de Radio Taxi volverán este ano a ofrecer viaxes gratuítas para usuarios de centros de maiores, para que percorran as rúas do centro da cidade e poidan ver a iluminación, a árbore de Porta do Sol e outros elementos decorativos. A iniciativa desenvolverase por sexto ano e terá lugar o próximo 17 de decembro, día en que os participantes serán recollidos nos seus centros polos taxis desta Central para percorrer as rúas de Vigo. Segundo explicaron o alcalde, Abel Caballero, e o presidente de Central Radio Taxi de Vigo, Emilio Mosquera, poranse a disposición destes viaxeiros 42 vehículos, e a previsión é trasladar a unhas 200 persoas, residentes en 20 centros de maiores da cidade.

ÚLTIMAS

Abel Caballero inaugura a conta atrás ata o 25 de decembro: “O Nadal de todo o planeta é a de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este sábado un reloxo dixital cunha conta...

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...

“Estamos desesperados”, veciños de Privada Moderna esixen á Sareb que “cumpra a sentenza” e arranxe os seus pisos

Veciños da rúa Privada Moderna de Vigo esixíronlle á Sociedade de Xestión de Activos...

Sr. Feijóo, o “cancro” é unha enfermidade, non un modelo de absentismo laboral. Quen coida de quen coida?

Por Pedro de Castro (Vigo - 1978)  Hai persoas que enferman sen estar nunha...