InicioSociedadeBaiona recibe un investimento de 1,8 millóns para completar a humanización da...

Baiona recibe un investimento de 1,8 millóns para completar a humanización da rúa Julián Valverde

A conselleira de Vivenda visitou as obras que se realizarán en colaboración co Concello para mellorar o entorno urbano de Sabarís.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Xunta investirá un orzamento de case 1,8 millóns de euros nas obras que completarán a humanización da travesía interior de Sabarís, en Baiona. A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, visitou este sábado a contorna onde se vai a desenvolver a actuación, que realizarán mediante un convenio co Concello que asinarán en xaneiro.

Segundo informou a Xunta, os traballos enmárcanse na liña de cooperación que impulsa o Executivo galego cos concellos para accións de mellora de contornas urbanas. “Son actuacións de humanización que xogan un papel fundamental para a posta en valor dos pobos e para dinamizalos social e economicamente”, remarcou a conselleira.

Desta forma, abordarán a humanización do tramo de 1,1 quilómetros da rúa Julián Valverde, desde o cruzamento coa rúa José Pereira Troncoso ata a rotonda da rúa Porta do Sol, e completarán así un itinerario peonil accesible de dous quilómetros, ao conectar con tramos xa executados noutro tramo da rúa Julián Valverde, así como en Porta do Sol e en Areas.

ÚLTIMAS

A Xunta mobiliza buques, drones e empresas de limpeza tras unha gran mancha de graxa de palma no Porto de Vigo

A Xunta de Galicia activou á primeira hora da tarde o Plan Territorial de...

Novas mobilizacións en centros de Vigo: “a educación é un dereito e non máis recortes”

Membros da comunidade escolar do CEIP A Paz Tintureira de Vigo concentráronse este xoves...

Seguen as críticas cruzadas para que Balaídos sexa sede no Mundial de fútbol de 2030

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, reclamou este xoves á Xunta e á Deputación...

Caballero ironiza sobre as vivendas da Xunta en Vigo: “Fan máis visitas que pisos constrúen”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, ironizou este xoves sobre a nova visita da...