InicioSociedadeVigo acenderá as luces de Nadal o 16 de novembro

Vigo acenderá as luces de Nadal o 16 de novembro

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que a cidade acenderá as súas luces de Nadal o vindeiro sábado, 16 de novembro.

#Ante os medios de comunicación, este mércores Caballero adiantou por fin a data na que se realizará o acto do aceso das luces da cidade.

Será o sábado 16 a partir das 20.00 horas nun acto que, como anos anteriores, realizarase na Porta do Sol de Vigo.

O rexedor reivindicou a “enorme presión” que ten para dicir xa a data “canto antes” debido a que “a xente quere estar e quere vir a Vigo”.

A pesar de todo, mostrou o seu respecto sobre o ocorrido no Levante español, polo que o acto de aceso será diferente, “máis sobrio” e de “menos ámbito festivo”.

MUPIS EN TODO O MUNDO

Así mesmo, Abel Caballero presentou este mércores unha campaña publicitaria que instalará mupis (soportes publicitarios instalados en elementos de mobiliario urbano) nas principais cidades de España e do mundo.

En concreto, serán máis de 820 carteis que se distribuirán por París, Londres, Roma e, este ano, como novidade tamén en Nova York, onde haberá 10 imaxes do Nadal de Vigo.

En España, estarán en ata 25 localidades como Madrid, Barcelona, Bilbao ou Málaga. Tamén se poderán ver no Porto, Braga, ou Aveiro, entre outras urbes portuguesas.

ÚLTIMAS

Abel Caballero inaugura a conta atrás ata o 25 de decembro: “O Nadal de todo o planeta é a de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este sábado un reloxo dixital cunha conta...

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...

“Estamos desesperados”, veciños de Privada Moderna esixen á Sareb que “cumpra a sentenza” e arranxe os seus pisos

Veciños da rúa Privada Moderna de Vigo esixíronlle á Sociedade de Xestión de Activos...

Sr. Feijóo, o “cancro” é unha enfermidade, non un modelo de absentismo laboral. Quen coida de quen coida?

Por Pedro de Castro (Vigo - 1978)  Hai persoas que enferman sen estar nunha...