InicioVigo e contornaVigoO temporal Kirk afectou a máis de 200 árbores en Vigo, corenta...

O temporal Kirk afectou a máis de 200 árbores en Vigo, corenta delas no paseo do Lagares

Esta situación deixou zonas do paseo intransitables

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, fixo balance este xoves dos danos que o temporal Kirk causou á masa arbórea da cidade, e confirmou que as choivas e o vento afectaron a 218 árbores.

Segundo explicou nunhas declaracións remitidas aos medios, a zona máis afectada polas incidencias foi o paseo do río Lagares, onde se rexistraron 75 contratempos e caéronse 40 árbores. Esta situación deixou zonas do paseo intransitables.

O rexedor explicou que o Concello xa está a proceder á retirada das árbores e as ramas tombadas polo temporal, e tamén se está actuando sobre outras árbores e elementos vexetais que, tanto nesa zona como noutras da cidade, quedaron danados ou inclinados, para evitar riscos.

Finalmente, Abel Caballero asegurou que o Concello reporá as árbores que caeron no paseo fluvial e remarcou que, nesa zona, están a plantarse “780 árbores e arbustos”. “Desde que son alcalde, temos o maior nivel de plantación de árbores que houbo nunca, e ímolo a acelerar”, proclamou.

ÚLTIMAS

Abel Caballero inaugura a conta atrás ata o 25 de decembro: “O Nadal de todo o planeta é a de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este sábado un reloxo dixital cunha conta...

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...

“Estamos desesperados”, veciños de Privada Moderna esixen á Sareb que “cumpra a sentenza” e arranxe os seus pisos

Veciños da rúa Privada Moderna de Vigo esixíronlle á Sociedade de Xestión de Activos...

Sr. Feijóo, o “cancro” é unha enfermidade, non un modelo de absentismo laboral. Quen coida de quen coida?

Por Pedro de Castro (Vigo - 1978)  Hai persoas que enferman sen estar nunha...