InicioSociedadeA Audiencia confirma a pena de cárcere para catro falsos sanitarios que...

A Audiencia confirma a pena de cárcere para catro falsos sanitarios que drogaron e roubaron a dous anciáns durante a pandemia

O relato que contaron as vítimas aos policías o día do roubo (o ancián xa faleceu e a anciá durante o xuízo manifestou que non lembraba o sucedido, debido á súa avanzada idade) é que uns supostos sanitarios chamáronos días antes dicindo que ían ir á súa casa.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, confirmou a pena de ata case nove anos de cárcere para catro falsos sanitarios que drogaron e roubaron a dous anciáns en Vigo durante o confinamento polo Covid-19. Así, o tribunal desestimou os recursos de apelación interpostos á sentenza ditada polo Xulgado do Penal número 3 de Vigo, confirmando esta resolución. No seu fallo, a Audiencia indica que é “moita casualidade” que as catro liñas móbiles dos acusados estivesen no momento dos feitos nas inmediacións da vivenda das vítimas, “máxime cando, naqueles momentos estaban activadas as medidas do confinamento”.

“Ademais, e iso xa o reiteraremos nos restantes recursos, que eles (os acusados) aluden a que, casualmente, nesas datas, desapareceulle o móbil (a un deles); ou o seu tío, que aludía a que non sabe como podía estar localizado o seu teléfono en Vigo, pois non saía de Marín, nin afirma que llo deixou a ninguén, expondo a hipótese de que puido haber un ladrón de teléfonos en serie”, engade a sentenza. Por todo iso, a Audiencia confirma o ditado polo Xulgado do Penal, que condenou a entre oito e nove anos de cárcere aos catro homes por roubo con violencia e lesións causadas aos anciáns.

FEITOS

O relato que contaron as vítimas aos policías o día do roubo (o ancián xa faleceu e a anciá durante o xuízo manifestou que non lembraba o sucedido, debido á súa avanzada idade) é que uns supostos sanitarios chamáronos días antes dicindo que ían ir á súa casa. A investigación confirmou que a chamada se realizou desde o móbil dun dos acusados. Na tarde do roubo, durante o confinamento, apareceron dous homes vestidos de branco e con máscara, que lles deron unha medicación e preguntáronlles onde gardaban o diñeiro. Unha veciña vería como unha terceira persoa estaría abaixo esperando.

ÚLTIMAS

Piden 4 anos e medio de cárcere para a edil de Seguridade de Vigo polo caso Saltamontes

As acusacións particulares do chamado caso Saltamontes de Vigo, que representan aos pais e...

Un baionés recolle 60.000 sinaturas para esixir ao Goberno e a UE a obriga de introducir sensores antiabandono nas sillas infantís

Despois do falecemento de outra nena de dous anos este fin de semana en...

O Goberno de Vigo impulsará unha declaración institucional en apoio á Global Sumud Flotilla

O goberno de Vigo impulsará unha declaración institucional de apoio á Global Sumud Flotilla,...

A Deputación acusa a Caballero de usar a Aqualia para excluíla de Balaídos

A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, denunciou que a obra de retranqueo...