InicioSociedadeO Concello de Vigo di que "se viu obrigado" a autorizar a...

O Concello de Vigo di que “se viu obrigado” a autorizar a Plenoil do Pontillón ao obter os informes favorables

O BNG de Vigo pediu prohibir a instalación de gasolineiras a menos de 250 metros de vivendas.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Concello de Vigo sinalou este venres que “se viu obrigado” a resolver favorablemente a petición de autorización da futura gasolineira da Baixada Pontillón, por detrás do Parque de Castrelos, ao dispor de todas as autorizacións preceptivas necesarias.

Nun comunicado, o goberno local subliñou que o outorgamento de licenzas é un acto “regulado” e “en absoluto suxeito a discrecionalidade algunha”. “O Concello viuse obrigado a resolver favorablemente a petición de autorización dunha actividade económica cun uso autorizado en chan rústico pola Lei do Chan de Galicia de 2016”, engadiu. Esta licenza foi outorgada debido a que a unidade de subministración de combustible solicitante, Pleonil, obtivo todas as autorizacións preceptivas, segundo indica o goberno local.

En concreto, dispuña do informe favorable de cumprimento da normativa de seguridade industrial para a estación de servizo da Xefatura Territorial de Pontevedra; o da Axencia Estatal de Seguridade Aérea; o da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural; o cumprimento da Declaración de Incidencia Ambiental da Consellería de Medio Ambiente; o informe favorable da Dirección Xeral de Augas de Galicia, e o do Servizo de Seguridade e Mobilidade do Concello. “O Concello de Vigo, por tanto, está obrigado a emitir licenza favorable para esta instalación, en cumprimento da legalidade á que están sometidas este tipo de decisións”, sentenciou o goberno municipal.

PROTESTAS

Todo iso tras semanas de protestas en Vigo pola instalación desta gasolineira a escasos metros do Parque de Castrelos e do río Lagares. Nunha zona, ademais, de gran afluencia de vehículos e reiterados atascos. Precisamente este venres, o BNG de Vigo pediu prohibir a instalación de gasolineiras a menos de 250 metros de vivendas. Nun comunicado, os nacionalistas insistiron na suspensión da licenza deste establecemento no Pontillón. “A concelleira de Urbanismo non respondeu aínda ás enormes dúbidas legais desta gasolineira proxectada nunha parcela rústica e afectada por un PERI”, lamentou o portavoz do BNG, Xabier Pérez Igrexas.

ÚLTIMAS

O Sergas garante asistencia a quen deixe Povisa e escolla o Cunqueiro

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, subliñou que se “dará resposta” ás necesidades...

O BNG carga contra Concello e Xunta polo desaloxo de Beiramar: “Máis de vinte persoas seguen na rúa”

O BNG de Vigo denunciou este martes que, unha semana despois do desaloxo da...

Denunciado un bazar do Porriño por vender pirotecnia sen permiso e sen medidas de seguridade

O Equipo de Inspección da Intervención de Armas e Explosivos da Comandancia da Garda...

A CIG convoca folga do Metal de Pontevedra para o 7 de maio pola falta de avances no novo convenio

O sindicato CIG avanzou este martes a convocatoria de folga no sector do Metal...