InicioSociedadeO Xulgado de Violencia sobre a Muller ratifica prisión provisional para Borja...

O Xulgado de Violencia sobre a Muller ratifica prisión provisional para Borja R.R., o home que prendeu lume á súa ex parella

A vítima foi trasladada con queimaduras no 35 % do seu corpo, primeiro ao hospital Álvaro Cunqueiro, e logo á Unidade de Queimados do hospital Povisa, onde permanece ingresada.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Xulgado de Violencia sobre a Muller de Vigo ratificou este xoves a prisión provisional para Borja R.R., detido a pasada fin de semana tras presuntamente asperxer con gasolina á súa expareja e prenderlle lume ás portas da súa vivenda, na parroquia viguesa de Valadares. O xulgado de Instrución 1 de Vigo, que estaba de garda no momento dos feitos, decretou o pasado domingo o ingreso en prisión provisional comunicada e sen fianza do detido, investigado por un delito de asasinato en grao de tentativa.

Tras inhibirse en favor do Xulgado de Violencia sobre a Muller (ao existir unha relación sentimental entre investigado e vítima), este xoves este órgano especializado acolleu unha comparecencia de trámite, na que se ratificou a medida de prisión. Os feitos ocorreron á primeira hora da mañá do sábado, cando a muller saía da súa vivenda e foi abordada pola súa expareja, Borja R.R., de 41 anos de idade e veciño de Gondomar, que a asperxeu con gasolina e prendeulle lume. Pouco despois foi detido por axentes de Policía, aos que chegou a enfrontarse e tentou agredir cunha botella de cervexa. A vítima foi trasladada con queimaduras no 35 % do seu corpo, primeiro ao hospital Álvaro Cunqueiro, e logo á Unidade de Queimados do hospital Povisa, onde permanece ingresada.

ÚLTIMAS

O poder arredor da mesa: quen está detrás do Foro da Toxa?

Empresas, banca, enerxía, tecnoloxía e obra pública nun foro no que tamén se reúnen...

Tenta queimar a unha persoa sen fogar en Vigo por ser “estranxeira” e logo vai tomar un café

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron un varón de 53 anos, de nacionalidade...

Xulgan a unha empregada do fogar que subtraeu xoias e obxectos por case 75.000 euros dunha vivenda en Vigo

A sede viguesa da Audiencia Provincial de Pontevedra xulgará o vindeiro mércores, día 23,...

A Audiencia de Pontevedra celebra a audiencia preliminar contra un home acusado de insultos racistas a unha menor nun bus de Vigo

A sección viguesa da Audiencia Provincial de Pontevedra acollerá o vindeiro mércores a audiencia...