InicioSociedadeSanidade nega "colapso" no servizo de radioterapia do Meixoeiro e vincula os...

Sanidade nega “colapso” no servizo de radioterapia do Meixoeiro e vincula os problemas con “momentos de avarías”

"Hai que incrementar horario e tratar a algúns pacientes no hospital Povisa, cun servizo de radioterapia moderno e adecuado", aseverou en canto ás solucións o conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, negou que exista un “colapso” no servizo de radioterapia do Hospital Meixoeiro de Vigo e vinculou os problemas con “momentos de avarías”. “Son unhas máquinas moi sensibles, necesitan moito mantemento e hai momentos que se producen avarías que se poden acumular”, dixo para incidir, ademais, en que coincidiu co tratamento de pacientes de Ourense na área de Vigo por “renovación tecnolóxica” na primeira.

“Hai que incrementar horario e tratar a algúns pacientes no hospital Povisa, cun servizo de radioterapia moderno e adecuado”, aseverou en canto ás solucións. Mentres, cuestionado nunha visita ao Hospital Materno Infantil da Coruña sobre as denuncias de problemas no acceso á Atención Primaria, insistiu en que Sanidade traballa “todos os días para mellorar a sanidade pública galega”. ·”É unha liña estratéxica”, apostilou.

ÚLTIMAS

A Xunta autoriza a licitación de 55 vivendas públicas en San Paio de Navia

O Consello da Xunta deu luz verde á licitación do contrato de execución das...

A ‘guerra’ de pantallas non dá tregua: Abel Caballero chama aos vigueses a ver a semifinal nunha “pantalla xigante de verdade”

A peculiar 'guerra' entre Deputación de Pontevedra e Concello de Vigo pola instalación de...

Condenado a tres anos de prisión un home por tráfico de drogas

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a condena de tres anos...

Saen dous camións de bombeiros de Vigo cara a Ucraína

O Concello de Vigo formalizou a doazón de dous camións de bombeiros a Ucraína,...