InicioSociedadePersoal de ambulancias concéntrase ante o Hospital Nicolás Peña para volver denunciar...

Persoal de ambulancias concéntrase ante o Hospital Nicolás Peña para volver denunciar a precariedade de medios e falta de subministracións

Segundo sinalaron os sindicatos CIG, CC.OO. e USO, a pesar das advertencias e avisos ao Sergas e á área sanitaria de Vigo, persisten problemas como falta de subministracións funxibles, problemas de respostos para os desfibriladores, problemas cos traxes EPI, etc., aos que se suman ambulancias en mal estado de mantemento.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un grupo de traballadores do transporte sanitario hospitalario (non urxente) concentrouse este luns ás portas do Hospital Nicolás Peña de Vigo para volver denunciar a “precariedade” de medios coa que teñen que desenvolver o seu traballo. Segundo sinalaron os sindicatos CIG, CC.OO. e USO, a pesar das advertencias e avisos ao Sergas e á área sanitaria de Vigo, persisten problemas como falta de subministracións funxibles, problemas de respostos para os desfibriladores, problemas cos traxes EPI, etc., aos que se suman ambulancias en mal estado de mantemento. Os sindicatos lamentaron que Sanidade fai oídos xordos ás súas reclamacións, e denunciaron que esta “precariedade de medios” repercute na seguridade dos traballadores, pero sobre todo na atención que presta aos enfermos.

ÚLTIMAS

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...

“Estamos desesperados”, veciños de Privada Moderna esixen á Sareb que “cumpra a sentenza” e arranxe os seus pisos

Veciños da rúa Privada Moderna de Vigo esixíronlle á Sociedade de Xestión de Activos...

Sr. Feijóo, o “cancro” é unha enfermidade, non un modelo de absentismo laboral. Quen coida de quen coida?

Por Pedro de Castro (Vigo - 1978)  Hai persoas que enferman sen estar nunha...

Un xulgado de Vigo falla contra a Sareb e permite a un veciño de Privada Moderna quedar no seu piso

A praza 7 da Sección Civil do Tribunal de Instancia de Vigo fallou en...