InicioSociedadeVigo, centro mundial da investigación e experimentación en criptografía desde este luns

Vigo, centro mundial da investigación e experimentación en criptografía desde este luns

Participan máis de 300 expertos internacionais no ámbito da investigación e experimentación en criptografía.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A sede de Afundación en Vigo acolleu este luns a apertura da 14th International Conference on Quantum Cryptography, QCrypt, un evento organizado pola Universidade de Vigo e o Centro de Supercomputación de Galicia (Cesga), que por primeira vez celébrase en España, e no que participan máis de 300 expertos internacionais no ámbito da investigación e experimentación en criptografía.

O encontro foi inaugurado polo reitor da institución académica viguesa, Manuel Reigosa, e polos profesores Marcos Curty (catedrático da Escola de Enxeñaría en Telecomunicacións) e Davide Rusca (en representación do comité organizador). Os tres amosaron a súa “enorme satisfacción” por acoller esta conferencia que, noutras edicións, celebrouse en países como Francia, Reino Unido, Estados Unidos, Xapón, Holanda, Suíza ou Singapur.

Segundo destacaron, na UVigo faise investigación de excelencia no ámbito da criptografía e tecnoloxías cuánticas de comunicación, a través do Vigo Quantum Communication Center. Na primeira xornada deste encontro impartiranse varias charlas, unha delas a cargo do profesor Hoi-Kwong, da Universidade de Toronto (Canadá), premiado polos seus logros en fotónica aplicada e electrónica cuántica.

A 14th International Conference on Quantum Cryptography prolongarase ata o 6 de setembro e, nos próximos días, ademais dunha visita ás instalacións do Vigo Quantum Communication Center, celebrarase unha ‘sesión industrial’ (o xoves) a cargo dun representante de Telefónica, na que tamén participarán as principais empresas do sector a nivel internacional.

No programa inclúese unha charla aberta co prestixioso físico Antonio Acín, un dos principais expertos españois en comunicacións cuánticas. Trátase dunha actividade divulgativa aberta ao público en xeral, que será impartida en inglés, co título ‘Ordenadores e criptografía cuántica: que ocorre cando os bits se volven cuánticos?’.

ÚLTIMAS

O PP reprocha a Caballero que presuma de “potencia turística”

A presidenta do PP de Vigo e portavoz municipal 'popular', Luisa Sánchez, reprochou este...

O Sergas garante asistencia a quen deixe Povisa e escolla o Cunqueiro

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, subliñou que se “dará resposta” ás necesidades...

O BNG carga contra Concello e Xunta polo desaloxo de Beiramar: “Máis de vinte persoas seguen na rúa”

O BNG de Vigo denunciou este martes que, unha semana despois do desaloxo da...

Denunciado un bazar do Porriño por vender pirotecnia sen permiso e sen medidas de seguridade

O Equipo de Inspección da Intervención de Armas e Explosivos da Comandancia da Garda...