InicioSociedadeAbre finalmente o prazo de solicitude de bolsas comedor en Vigo

Abre finalmente o prazo de solicitude de bolsas comedor en Vigo

O Concello de Vigo abre este mércores, día 14 de agosto, o prazo para pedir as bolsas comedor dos alumnos da cidade, que terán ata o 12 de setembro para solicitalas, co curso escolar xa iniciado.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Concello de Vigo abre este mércores, día 14 de agosto, o prazo para pedir as bolsas comedor dos alumnos da cidade, que terán ata o 12 de setembro para solicitalas, co curso escolar xa iniciado. Tal como anunciou o alcalde, Abel Caballero, poderán solicitarse a través da web municipal ou de forma presencial na sede do Concello de 09:00 a 14:00 horas.

O rexedor volveu a criticar á Xunta, indicando que noutras comunidades son os gobernos autonómicos os que conceden estas axudas. Así mesmo, dixo que “non hai listas de espera”, xa que todos os nenos que a soliciten e cumpran cos requisitos, recibirán a bolsa.

Todo iso despois de que a Federación Olívica de Asociacións de Pais e Nais de centros escolares de Vigo (Foanpas) criticase fai preto dun mes que o Concello non convocase aínda as bolsas para que os nenos da cidade gocen do servizo de comedor de forma gratuíta, o que fará que ese diñeiro sexa cobrado polas familias “en xaneiro ou febreiro”.

Segundo a asociación, o curso pasado foron convocadas a finais de xuño e as bolsas cobráronse en decembro, obrigando a pais e nais a adiantar o diñeiro do comedor durante catro meses. Algo que moitas familias non se poden permitir. Este ano, a convocatoria non estará dispoñible ata mediados de agosto, dous meses despois que en 2023.

ÚLTIMAS

“Estamos desesperados”, veciños de Privada Moderna esixen á Sareb que “cumpra a sentenza” e arranxe os seus pisos

Veciños da rúa Privada Moderna de Vigo esixíronlle á Sociedade de Xestión de Activos...

Sr. Feijóo, o “cancro” é unha enfermidade, non un modelo de absentismo laboral. Quen coida de quen coida?

Por Pedro de Castro (Vigo - 1978)  Hai persoas que enferman sen estar nunha...

Un xulgado de Vigo falla contra a Sareb e permite a un veciño de Privada Moderna quedar no seu piso

A praza 7 da Sección Civil do Tribunal de Instancia de Vigo fallou en...

Un camión que atravesou a mediana provocou colas quilométricas na AP-9 en Vigo

Colas quilométricas na AP-9 ao seu paso por Vigo tras saírse da vía un...