InicioSociedadeOs traballadores da UTE Zonas Verdes e a concesionaria chegaron a un...

Os traballadores da UTE Zonas Verdes e a concesionaria chegaron a un preacordo

Queda así paralizada a folga

PUBLICADO O

- Advertisement -

Os traballadores da UTE Zonas Verdes e a concesionaria municipal chegaron a un preacordo xunto con Inspección de Traballo este luns para paralizar a folga, polo que volverán ao seu postos este mesmo martes.

Segundo fontes do comité de empresa consultadas por Europa Press, esta mañá produciuse a primeira mediación en dependencias de Inspección de Traballo, onde se chegou a un preacordo que inclúe unha revisión salarial, como solicitaban os empregados.

Por iso, tras máis de cinco horas de reunión, o comité levou a cabo unha asemblea cos traballadores en Samil, centro da maioría das protestas. Alí, os empregados decidiron paralizar a folga polo menos ata o 8 de agosto. Ese día, segundo as mesmas fontes, producirase outra reunión para seguir tratando outros temas que se recollerán no convenio colectivo.

En concreto, segundo indica a CIG nun comunicado, por primeira vez “conseguiuse romper o bloqueo da empresa a introducir no texto do convenio unha cláusula de revisión salarial que permita garantir o mantemento do poder adquisitivo do persoal”.

Sobre contías concretas, este acordo parcial establece unha subida para 2024 e 2025 do 1,4% e do 1,6%, respectivamente, en todos os conceptos salariais, menos no plus de antigüidade. Se a 1 de xaneiro de 2026 o IPC é máis do 3%, a empresa aplicará un incremento adicional dun 1% que irá en táboas. Para 2026 e 2027 o incremento será do 3%, con cláusula de revisión ata o 1 de xaneiro de 2028.

“Garantir incrementos anuais e que se incorporase a cláusula de revisión salarial era un dos principais motivos que levaron aos traballadores á convocatoria da folga indefinida”, lembrou a CIG.

Todo iso tras dúas semanas de folga indefinida na UTE concesionaria municipal de Parques e Xardíns de Vigo (formada por Acciona e Civis Global), despois de que a empresa non aceptase recoller no novo convenio unha revisión salarial acorde co IPC.

ÚLTIMAS

Balaídos terá unha ‘Tribuna Iago Aspas’: Caballero anuncia que levará o nome do xogador e terá unha estatua ao seu carón

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que a bancada de Tribuna do estadio...

Vox leva ao xulgado os incidentes nunha mesa informativa en Cangas e estuda accións polo acto frustrado de Santiago

Vox presentou este martes unha denuncia ante a sección de instrución do Xulgado de...

Foanpas denuncia “carencias de profesorado” e “caos” no transporte escolar neste inicio de curso en Vigo

A Federación Olívica de Asociacións de Nais e Pais de Centros Escolares de Vigo...

Vigo pon en marcha o Nadal: comeza a montaxe dos grandes elementos con case 13 millóns de luces

O Concello de Vigo iniciou este martes a montaxe dos grandes elementos do seu...