InicioSociedadeA ESAD de Vigo recibirá 45.000 euros para reparacións

A ESAD de Vigo recibirá 45.000 euros para reparacións

A falta dun verdadeiro teatro e problemas de infraestrutura protagonizan o intercambio entre Carmela González Igrexas e Román Rodríguez.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, informou de que a Escola Superior de Arte Dramática de Galicia (ESAD), con sede en Vigo, contará cun investimento de 45.000 euros para solucionar “de forma definitiva” os problemas de filtracións de auga da cuberta.

No pleno do Parlamento galego, a deputada Carmela González Igrexas (BNG) denunciou “as deficiencias” da ESAD, un edificio de 2010 pero que “non ten espazos polivalentes”, carece dun taller con espazo suficiente para a construción de escenografía, é “unha escola de teatro que non ten un teatro”, ademais de ter filtracións e outras problemáticas por non desenvolverse as fases dúas e tres do proxecto.

Así mesmo, avisa de “risco de accidente grave” porque se deben subir a unha escaleira de catro metros ao non existir barras que permitan manipular os focos desde o chan, algo que non ocorre noutras escolas de teatro. En reposta, Román Rodríguez expuxo que “informes técnicos din que non existe risco para a seguridade”, polo que fai “un chamamento á calma para que non xere unha falsa alarma”.

Rodríguez xustifica que a ESAD conta con conta con “un espazo de teatro para 120 persoas”, ademais das instalacións “necesarias” nun edificio “relativamente novo”. Lembra que xa fixeron algunhas reformas para atallar pingueiras e haberá unha actuación agora por 45.000 euros fronte a esas filtracións. “Non entende a diferenza entre un teatro e un auditorio”,reprochou a deputada nacionalista ao conselleiro, posto que o auditorio “non ten unha caixa escénica”. “Vostede si que fai un teatro dicindo que teñen unha preocupación sincera por isto”,replicou Román Rodríguez na súa quenda de peche.

ÚLTIMAS

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...

“Estamos desesperados”, veciños de Privada Moderna esixen á Sareb que “cumpra a sentenza” e arranxe os seus pisos

Veciños da rúa Privada Moderna de Vigo esixíronlle á Sociedade de Xestión de Activos...

Sr. Feijóo, o “cancro” é unha enfermidade, non un modelo de absentismo laboral. Quen coida de quen coida?

Por Pedro de Castro (Vigo - 1978)  Hai persoas que enferman sen estar nunha...

Un xulgado de Vigo falla contra a Sareb e permite a un veciño de Privada Moderna quedar no seu piso

A praza 7 da Sección Civil do Tribunal de Instancia de Vigo fallou en...