InicioSociedadeVigo sen Bombeiros manifestarase este sábado para volver reclamar máis efectivos tras...

Vigo sen Bombeiros manifestarase este sábado para volver reclamar máis efectivos tras a morte de Sergio S.D.: “Xa se pagou un prezo moi caro”

O acto de protesta comezará cunha concentración na Praza de España, cos bombeiros uniformados cos seus traxes de intervención, e posteriormente haberá unha marcha ata a Praza do Rei, diante do Concello, onde se lerá un manifesto.

PUBLICADO O

- Advertisement -

plataforma Vigo sen Bombeiros convocou unha manifestación para este sábado, ás 19.00 horas na Praza de España da cidade olívica, para volver reclamar máis efectivos e ante a “grave e perigosa situación” deste servizo municipal. Segundo sinalaron nun comunicado, o acto de protesta comezará cunha concentración na Praza de España, cos bombeiros uniformados cos seus traxes de intervención, e posteriormente haberá unha marcha ata a Praza do Rei, diante do Concello, onde se lerá un manifesto para reclamar ao goberno local “que redimensione este servizo de bombeiros segundo as necesidades reais da cidade e as dos seus propios bombeiros”.

Vigo sen Bombeiros volveu a denunciar a falta de medios e persoal neste servizo, e lamentou que xa se pagou “un prezo moi caro”, tras o falecemento do bombeiro Sergio S.D. o pasado sábado durante un operativo de inspección dun inmoble. “Tentámolo por todos os medios, tratando de falalo cos nosos xefes directos, presentando todo tipo de informes no Concello por medio de rexistro, denuncias a Inspección de Traballo, accións de protesta na rúa (…) pero non serviu”, sinalou o colectivo, en alusión á situación do servizo.

No seu comunicado, lamentaron as molestias que a protesta deste sábado pode ocasionar e trasladaron que “oxalá eses cortes de tráfico poidan transformarse nun corte fulminante coa precarización dos servizos públicos e, máis concretamente, coa precariedade e a falta de seguridade no servizo de bombeiros”.

ÚLTIMAS

Vigo acollerá un concerto solidario para axudar a Venezuela

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este luns a celebración dun concerto solidario...

Desconvocada a folga nas lavandarías dos hospitais da área de Vigo

O comité de empresa e a dirección de Elis Manomatic, que presta o servizo...

O BNG denuncia un “recorte salvaxe” de camas na área de Vigo este verán

O BNG esixiulle á Xunta que "rectifique" o peche de camas e os "recortes"...

Revogada a condena a un pub de Vigo por difundir un vídeo onde se vían dous clientes “en actitude cariñosa”

A Audiencia de Pontevedra estimou un recurso presentado por un local de lecer de...