InicioSociedadeA Fundación Secretariado Xitano denuncia as discriminacións contra o seu colectivo

A Fundación Secretariado Xitano denuncia as discriminacións contra o seu colectivo

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Fundación Secretariado Xitano (FSG) presentou ante a Valedora do Pobo, María Dolores Fernández Galiño, o informe anual de Discriminación e Comunidade Xitana no que fai especial incidencia na “discriminación interseccional” e a “dobre discriminación” que sofren as mulleres xitanas.

A encargada de presentar as cifras e as conclusións foi a técnica de igualdade da FSG en Vigo, Zaida Jiménez, que iniciou a súa intervención lamentando que “en 2024 sigan ocorrendo casos”. “Sabemos que é unha carreira de fondo, pero temos esa espiña cravada ante ese rexeitamento social que sufrimos diariamente”.

A continuación, pasou a especificar as discriminacións por tipoloxías. Neste sentido, o documento recolle 68 casos de malas prácticas en medios de comunicación; 217 nas redes sociais; 46 no ámbito do emprego; 70 no acceso a bens e servizos; 18 nos servizos policiais; 44 en educación; 29 en vivenda; e 18 en saúde.

De todas elas, unhas 30 rexistráronse na Fundación Secretariado Xitano de Galicia. Con todo, a representante da FSG sinalou que a galega non é a comunidade onde máis casos existen, pero pediu “non tapar o sol cun dedo”, xa que “seguen existindo moitos prexuízos e estereotipos da comunidade xitana”.

Ademais, o informe revela que a discriminación afecta en maior medida ás mulleres, sendo 121 das 222 vítimas identificadas. Por iso, Zaida Jiménez quixo facer fincapé nesa “discriminación interseccional”. Tal e como apuntou, as mulleres xitanas teñen “unha pedra máis na mochila”. “Hai situacións que aos homes xitanos non lles ocorren e ás mulleres non xitanas tampouco”, relatou.

CONCIENCIACIÓN

Outro dos puntos nos que incidiu Zaida Jiménez foi na necesidade de ser “máis conscientes desa discriminación” para que poida detectarse e denunciarse. A isto tamén se referiu Eva Beira, responsable autonómica da Fundación, que destacou que algunhas destas discriminacións tíñanas “moi interiorizadas”, pero despois destes anos de traballo comézase a observar que “empezan a ter máis concienciación“.

Pola súa banda, a Valedora do Pobo, María Dolores Fernández Galiño, tamén puxo o foco na interseccionalidade da discriminación e agradeceu ao Secretariado Xitano o seu labor para “pór o foco nas marxes”, porque, engadiu, “integrando as marxes dentro das políticas públicas imos avanzar todos”.

ÚLTIMAS

Abel Caballero inaugura a conta atrás ata o 25 de decembro: “O Nadal de todo o planeta é a de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este sábado un reloxo dixital cunha conta...

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...

“Estamos desesperados”, veciños de Privada Moderna esixen á Sareb que “cumpra a sentenza” e arranxe os seus pisos

Veciños da rúa Privada Moderna de Vigo esixíronlle á Sociedade de Xestión de Activos...

Sr. Feijóo, o “cancro” é unha enfermidade, non un modelo de absentismo laboral. Quen coida de quen coida?

Por Pedro de Castro (Vigo - 1978)  Hai persoas que enferman sen estar nunha...