InicioSociedadeVigo supera de novo os 300.000 habitantes, "de longo a maior cidade...

Vigo supera de novo os 300.000 habitantes, “de longo a maior cidade de Galicia”

Isto supón que, por primeira vez desde que o INE ten esta estatística, a urbe olívica dispón de máis de 300.000 habitantes a 1 de xaneiro, aínda que ao longo doutros meses do ano alcanzou esta cifra en varias ocasións nos últimos exercicios.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que a cidade volveu a superar os 300.000 habitantes a 1 de xaneiro de 2024. Nun audio gravado e remitido aos medios de comunicación, o rexedor indicou que o Concello enviou este mércores ao Instituto Nacional de Estatística (INE) os datos oficiais do padrón a comezos deste ano, cando Vigo tiña 300.997 habitantes.

Isto supón que, por primeira vez desde que o INE ten esta estatística, a urbe olívica dispón de máis de 300.000 habitantes a 1 de xaneiro, aínda que ao longo doutros meses do ano alcanzou esta cifra en varias ocasións nos últimos exercicios. En concreto, a 1 de xaneiro de 2023 Vigo contaba con 293.652 persoas, algo máis que as 292.374 de 2022. Desde 2009 e ata 2012 a cidade tiña máis de 297.000 habitantes, baixando en 2013 a 296.479 e iniciando unha etapa de descenso. En 2024, logra colocarse nos 300.997 habitantes. “Isto é o que significa Vigo, de longo a maior cidade de Galicia e unha das máis grandes de España”, reivindicou o rexedor.

ÚLTIMAS

A praia a Calzoa, a difícil convivencia entre liberdade canina e respecto pola natureza

Celebridades como o exfutbolista Vlado Gudelj e o músico Abraham Cupeiro participan na campaña...

Un accidente na Ponte de Rande provoca retencións na AP-9

Un accidente na ponte de Rande provoca retencións na autoestrada AP-9 en dirección Pontevedra,...

Prohibida a pesca do choco nas rías de Vigo e Pontevedra durante máis de tres meses

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica este xoves as resolucións da Consellería do...

PP e BNG de Vigo acusan que se impediu aos feirantes acdeder ao Concello e o goberno local négao

Os grupos municipais do PP e o BNG criticaron este xoves que se impediu...