InicioSociedadeCaballero, que anunciou lanzadeiras ao aeroporto de Santiago durante o peche de...

Caballero, que anunciou lanzadeiras ao aeroporto de Santiago durante o peche de Peinador, pide agora que as poña a Xunta

O alcalde tacha de "ignorantes" ao grupo municipal do PP e a Xunta ve "preocupante" a súa "falta de memoria".

PUBLICADO O

- Advertisement -

O peche do aeroporto de Peinador durante case todo o próximo mes de maio para acometer obras na pista de aterraxe, e a posta en marcha de lanzadeiras á terminal de Lavacolla en Santiago, enfronta estes días (de novo) ao goberno municipal de Vigo e á Xunta de GaliciaNo verán de 2023 o Goberno central licitaba as obras para o aeroporto vigués e, nese momento, o alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciaba que o Concello poría en marcha lanzadeiras para transportar aos viaxeiros desde a cidade ao aeroporto de Santiago de Compostela e facilitar así a súa mobilidade.

Co inicio das obras ás portas, o PP lembrou estes días ao rexedor a súa promesa, e Abel Caballero confirmou agora que o Concello non porá en marcha ese sistema de lanzadeiras. Nunhas declaracións gravadas e remitidas aos medios este mércores, o rexedor olívico lembrou que o Goberno de España fará un investimento de 24 millóns de euros nunha nova pista de aterraxe en Peinador e xustificou que “o Concello non puido pór autobuses” porque descoñecía “os tempos, horarios, nin de que forma íase a derivar o tráfico a Santiago”.

“Agora ouvimos con sorpresa que o PP nos recrimina que non pomos buses. Téñolles que lembrar aos ignorantes do PP, que o traxecto a Santiago supera a Vigo, pasa por moitos municipios, competencia exclusiva da Xunta“, proclamou Caballero, que afeou aos ‘populares’ que non reclamen ao goberno galego a posta en marcha dese servizo, “porque para pagar voos en Santiago a Xunta sempre está disposta e o PP caladiño sen defender á cidade”.

“PREOCUPANTE FALTA DE MEMORIA”

As palabras de Caballero tiveron resposta por parte da delegada territorial da Xunta na cidade, Ana Ortiz, quen, en declaracións remitidas aos medios, lamentou que o alcalde “de novo volve insultar e faltar ao respecto aos seus compañeiros de Corporación”. Ortiz tamén apuntou que “é preocupante” a “falta de memoria” do rexedor, a quen lembrou que a responsabilidade das obras que terán pechado Peinador durante case un mes é do Goberno socialista de España. “E tamén lle lembro, que parece que se esquece, que foi o alcalde o que prometeu lanzadeiras. Pero como sempre ocorre coas súas promesas, non as pode cumprir”, engadiu.

Con respecto á suposta subvención de voos en Lavacolla, a delegada reiterou que a Xunta non financia voos nin aerolíneas “desde 2013”, nin achega “un só euro de publicidade” a estas empresas para operar desde Santiago. Finalmente, advertiu a Caballero de que “antes de realizar estas afirmacións, debería informarse”, aínda que constatou que “non lle interesa, prefire a manipulación, a súa estratexia preferida”.

ÚLTIMAS

Foanpas denuncia “carencias de profesorado” e “caos” no transporte escolar neste inicio de curso en Vigo

A Federación Olívica de Asociacións de Nais e Pais de Centros Escolares de Vigo...

Vox leva ao xulgado os incidentes nunha mesa informativa en Cangas e estuda accións polo acto frustrado de Santiago

Vox presentou este martes unha denuncia ante a sección de instrución do Xulgado de...

Balaídos terá unha ‘Tribuna Iago Aspas’: Caballero anuncia que levará o nome do xogador e terá unha estatua ao seu carón

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que a bancada de Tribuna do estadio...

Vigo pon en marcha o Nadal: comeza a montaxe dos grandes elementos con case 13 millóns de luces

O Concello de Vigo iniciou este martes a montaxe dos grandes elementos do seu...