InicioSociedadeBanco de Alimentos busca 600 voluntarios na provincia de Pontevedra para o...

Banco de Alimentos busca 600 voluntarios na provincia de Pontevedra para o Maio Solidario en supermercados Gadis

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Fundación Provincial Banco de Alimentos de Vigo busca máis de 600 voluntarios na provincia de Pontevedra para poder desenvolver con éxito a súa acción Maio Solidario, organizada en supermercados Gadis de toda a provincia.

A pesar de que a campaña levará a cabo todo o mes de maio, Banco de Alimentos elixiu o primeiro fin de semana, o 3 e o 4, para reforzala coa presenza física da “marea azul”. Por iso, busca voluntarios que acudan aos establecementos. Así, a asociación lembrou que só é necesario dispor de catro horas eses días e anotarse na web ‘www.bancoalimentosvigo.org‘.

Haberá uns 300 voluntari@s mobilizados en Vigo; 75, en Pontevedra; 25, en Baiona; 25, en Mos; 25, en Ponteareas; 25, en Tui; 25, en Marín; 25, en Bueu; 25, en Cambados; 50, en Vilagarcía; e, 25, en Lalín.

ÚLTIMAS

Abel Caballero inaugura a conta atrás ata o 25 de decembro: “O Nadal de todo o planeta é a de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este sábado un reloxo dixital cunha conta...

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...

“Estamos desesperados”, veciños de Privada Moderna esixen á Sareb que “cumpra a sentenza” e arranxe os seus pisos

Veciños da rúa Privada Moderna de Vigo esixíronlle á Sociedade de Xestión de Activos...

Sr. Feijóo, o “cancro” é unha enfermidade, non un modelo de absentismo laboral. Quen coida de quen coida?

Por Pedro de Castro (Vigo - 1978)  Hai persoas que enferman sen estar nunha...