InicioSociedade"Non sabedes con quen vos metedes, son do Grapo, estiven no cárcere"

“Non sabedes con quen vos metedes, son do Grapo, estiven no cárcere”

O exGrapo que disparou a un mozo en Castrelos enfróntase a unha multa por unha agresión previa ao mesmo mozo.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O exGrapo detido en setembro do ano pasado por disparar a un mozo no parque vigués de Castrelos, Manuel B.G., sentouse este venres no banco dos acusados por un altercado previo, co mesmo mozo, e a Fiscalía pide para el unha multa de 300 euros por un delito de leve de lesións.

Na vista celebrada no xulgado de instrución 6 de Vigo, compareceron como denunciados o propio Manuel, por videoconferencia desde a prisión da Lama (onde ingresou polo episodio do parque de Castrelos), e o prexudicado, Pablo R.R., que á súa vez foi denunciado polo primeiro, tamén por unha suposta agresión.

Segundo a versión dos feitos ofrecida por Manuel B.G., esa mañá atopouse co outro mozo e coa noiva deste e mantiveron unha discusión porque a parella non quería que os seus cans se achegasen ao seu. Así, relatou ante o tribunal que Pablo lle propinou unha puñada na cabeza e tirouno ao chan, e negou que el o tivera agredido.

Con todo, o outro implicado no altercado, sinalou que o incidente se produciu porque un dos cans de Manuel mordeu ao seu e el tentou separalos. A continuación, explicou, Manuel achegóuselle e deulle unha cotenada na boca, polo que el empuxouno para sacalo “de encima”.

Manuel caeu e levantouse de inmediato e, tras coller un pau, foinos “perseguindo e ameazando por todo o parque de Castrelos”, ata que chegou a Policía. Posteriormente, no hospital Povisa, a parella e o exGrapo volveron coincidir en Urxencias e, segundo Pablo, volveron as ameazas.

“NON SABEDES CON QUEN VOS METEDES, SON DO GRAPO, ESTIVEN NO CÁRCERE”

Segundo a versión de Pablo e da súa parella, corroborada por varias testemuñas, Manuel B.G. dirixiuse a eles con expresións como “non sabedes con quen vos metedes”, “son do Grapo”, ou “estiven anos no cárcere”.

De feito, Pablo explicou ante o tribunal que, antes do ocorrido en xuño, xa tiveran “dous encontróns” porque os cans de Manuel atacaban ao seu e que mesmo o outro acusado advertíralle de que “tiña unha pistola”.

Tres meses despois destes feitos, Manuel B.G. foi detido tras efectuar varios disparos no parque de Castrelos contra este mesmo mozo, que tivo que protexerse tras unha árbore e cuxa noiva, que tamén estaba presente, chegou a gravar o ataque co seu teléfono móbil.

DELITOS E PENAS

A Fiscalía pediu para Manuel unha multa de 300 euros por un suposto delito leve de lesións, e reclamou a absolución de Pablo ao non ver acreditado que este agredise ao primeiro. Así, apuntou que as lesións de Manuel, segundo o informe médico eran abrasións compatibles cunha caída.

ÚLTIMAS

Abel Caballero inaugura a conta atrás ata o 25 de decembro: “O Nadal de todo o planeta é a de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este sábado un reloxo dixital cunha conta...

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...

“Estamos desesperados”, veciños de Privada Moderna esixen á Sareb que “cumpra a sentenza” e arranxe os seus pisos

Veciños da rúa Privada Moderna de Vigo esixíronlle á Sociedade de Xestión de Activos...

Sr. Feijóo, o “cancro” é unha enfermidade, non un modelo de absentismo laboral. Quen coida de quen coida?

Por Pedro de Castro (Vigo - 1978)  Hai persoas que enferman sen estar nunha...